Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Centro Galicia de Ponferrada convoca o II Certame de redacción en galego, dirixido a escolares de primaria e secundaria.
Fuente: Galicia en el Mundo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Centro Galicia de Ponferrada convoca o II Certame de redacción en galego, dirixido a escolares de primaria e secundaria.
Fuente: Galicia en el Mundo
O Concello de Pamplona acaba de abrir dúas novas escolas en éuscaro, o que supón o 27 % da oferta das escolas infantís de 0 a 3 anos, cantidade insuficiente se se ten en conta que o 37,7 % das familias demanda o modelo só en éuscaro ou éuscaro-inglés.
Fonte: Noticias de Navarra
Un informe do Parlamento Europeo recomenda secundar a iniciativa do presidente chipriota Nicos Anastasiades e converter o turco en lingua oficial da Unión Europea. A proposta contou con 375 votos a favor na Eurocámara.
Fonte: France 24
Unha escola de inmersión en lingua galesa abrirá as súas portas na cidade de Cardiff e daralles servizo aos distritos de Grangetown e Blutetown. Con este proxecto satisfaise a demanda dun grupo de pais que levaba tempo solicitando a súa apertura.
Fonte: Wales Online
O proxecto conta cun catálogo inicial de 44 títulos para Cataluña, a Comunidade Valenciana e as Baleares.
Fonte: La Vanguardia
Cristina Uriarte, conselleira de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco, insiste na importancia de unificar o proceso de aprendizaxe, o éuscaro e o ámbito laboral.
Fonte: Deia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
No manual, autoría de Xosé-Henrique Costas González, pódese atopar unha relación de xentilicios galegos así como as normas para a súa formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un encontro na Universidade Nacional Timor Lorosa'e, en Dili (Timor Leste), debaterá a difusión e desenvolvemento das ciencias en lingua portuguesa con máis de 150 institucións de ensino superior da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: RTP Notícias
Un estudo elaborado polo Instituto de Estudos da Linguaxe da Universidade Estatal de Campinas revelou que as 181 linguas indíxenas existentes actualmente no Brasil están en perigo de desaparición.
Fonte: EBC
Subscríbase ao boletín