Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de xaneiro de 2016

    Un acordo do Goberno portugués e a proximidade de Angola contribúen ao aumento do alumnado interesado en aprender portugués en Namibia.

    Fonte: RTP

    25 de xaneiro de 2016

    Un estudo e varias publicacións do departamento de Cultura de Cataluña e o Campus Iberus permitirán coñecer cal é a situación do catalán e o seu uso social na zona oriental de Aragón.

    Fonte: Diario de Teruel

    25 de xaneiro de 2016

    Os centros educativos de Baleares poderán decidir en que idioma se imparten as materias non lingüísticas a condición de que cumpran o decreto de mínimos que garante o ensino do catalán e o castelán.

    Fonte: Diario de Mallorca

    25 de xaneiro de 2016

    O comité de expertos do Consello de Europa resalta a política lingüística do Goberno vasco e móstrase crítico co Goberno navarro polo orzamento que este destina a Euskarabidea.

    Fonte: EITB

    25 de xaneiro de 2016

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na presentación da renovada páxina web corporativa da Asociación de Empresarios de Deza (AED), que pasa a ter dominio .gal, así como do novo portal específico en materia de emprego. Ambas as dúas iniciativas contan co apoio económico da Consellería –a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística–, posto que son un exemplo da potenciación do uso do galego desde o mundo empresarial.

    25 de xaneiro de 2016

    Co obxectivo de normalizar o uso oral do galego, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega prepara o XVI Concurso de Relato Oral "Tíralle da Lingua".

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    25 de xaneiro de 2016

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de entrega do Premio Arume de Poesía que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. Celebrada no Centro Cultural de Gres, no Concello de Vila de Cruces, esta oitava edición do certame contou cunha docente como gañadora: Mónica Inés Varela Gestoso, profesora no IES García Barros da Estrada.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de xaneiro de 2016

    O xornal máis antigo dos Estados Unidos de América escrito en español, El Diario/La Prensa, enfróntase a un futuro incerto por mor dunha forte crise que podería provocar a súa desaparición.

    Fonte: Huffingtonpost

    22 de xaneiro de 2016

    Un bo número de localidades de diferentes puntos de Occitania, Francia e os Países Cataláns celebrarán unhas xornadas, coñecidas co nome de Dictada Occitana, para promover a lingua occitana.

    Fonte: Nationalia

    22 de xaneiro de 2016

    A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) proponlle á cidadanía diversas actividades para o Día de Rosalía de Castro que se celebrará o vindeiro 24 de febreiro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder