Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de marzo de 2016

    A ferramenta de tradución de Skype poderá traducir agora conversas en tempo real en lingua árabe. Con esta nova actualización, xa son oito os idiomas empregados por este servizo en liña.

    Fonte: Forexinfo

    09 de marzo de 2016

    O viceconselleiro de Política Lingüística presentou en Bilbao as bases dun discurso compartido sobre o éuscaro xunto co proxecto EGOD (Discursos Básicos sobre o Éuscaro/Euskararen Gaineko Oinarrizko Diskurtsoak).

    Fonte: ABC

    09 de marzo de 2016

    O Concello biscaíño de Portugalete subvenciona a instalación de rótulos dos establecementos comerciais e hostaleiros en éuscaro para impulsar a utilización desta lingua.

    Fonte: 20 minutos

    09 de marzo de 2016

    Publícanse as bases para a concesión de axudas para o fomento do catalán destinadas a empresas que incorporen esta lingua en produtos tecnolóxicos e na tradución de obras non literarias, para a dobraxe e a subtitulación de cinema e para entidades que promovan o seu uso.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    08 de marzo de 2016

    O Goberno de Vietnam introducirá a aprendizaxe do xaponés como primeira lingua estranxeira no ensino público do país. Polo momento, só tres escolas de educación primaria da cidade de Hanoi aplicarán a iniciativa no curso 2016-2017.

    Fonte: Le Courier du Vietnam

    08 de marzo de 2016

    O secretario de Asuntos Sociais e Cultura do Goberno de Macau aprobará un programa de axudas a estudantes universitarios para que perfeccionen as súas habilidades en linguas estranxeiras.

    Fonte: Ponto final

    08 de marzo de 2016

    As organizacións do Servizo Vasco de Saúde poñen en marcha 17 accións co obxectivo de garantir a presenza e o uso do éuscaro como lingua de servizo.

    Fonte: Acta Sanitaria

    08 de marzo de 2016

    A Real Academia Galega organiza unha nova edición dos cursos de verán "Galego sen fronteiras", dirixidos a persoas de fóra de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Instituto da Lingua Galega e a Deputación Provincial da Coruña.

    08 de marzo de 2016

    O servizo de tradución Gaio rexistrou en cinco meses 1,3 millón de consultas, que supuxeron a tradución de máis de 78 millóns de palabras. O pasado mes de setembro a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñían a disposición da cidadanía esta ferramenta que, ata entón, era de uso de interno da Administración.

    Fonte: Xunta de Galicia

    08 de marzo de 2016

    Xa se coñece a resolución da convocatoria de subvencións para os concellos e entidades locais da provincia da Coruña destinadas á creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder