Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de novembro de 2015

    A Universidade de York, en Toronto, Canadá, lanzou un premio para incentivar o estudantado da institución de ensino a iniciarse no estudo do portugués.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    26 de novembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística na súa vixésimo quinta edición. Celebrada no Teatro Principal da Estrada, a Asociación Cultural O Brado procura recoñecer con estes galardóns o traballo na defensa do galego, o uso do idioma e a súa proxección por parte de persoas, colectivos ou entidades.

    26 de novembro de 2015

    Ponte... nas Ondas! inclúe na Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa unha gala especial para reivindicar o recoñecemento pendente para o patrimonio inmaterial galego-portugués.

    Fonte: Culturagalega.org

    26 de novembro de 2015

    Este premio, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio compostelá, ten como obxectivo recoñecer publicamente o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial. Nel recóllense dúas categorías: unha para as empresas que veñen realizando un emprego continuado da lingua galega e outra para as que incorporaron recentemente o seu uso.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    26 de novembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística visitou os oito novos bolseiros do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de novembro de 2015

    Membros das Primeiras Nacións, a comunidade de pobos indíxenas canadenses, reuníronse en Saskatoon para intercambiar ideas sobre a preservación de cadansúas linguas indíxenas.

    Fonte: CBC

    25 de novembro de 2015

    Un político da oposición australiana advertiu que o estudo da lingua indonesia está en risco de desaparición dos programas formativos das universidades de Australia e isto significaría unha perda irreversible para o país.

    Fonte: The Guardian

    25 de novembro de 2015

    Segundo un estudo realizado pola Plataforma pola Lingua, un de cada cinco estranxeiros sabe falar e entende o valenciano, porcentaxe que se multiplica por dous na provincia de Castellón.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    25 de novembro de 2015

    O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á programación que as xornadas ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’ desenvolveron na capital de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    25 de novembro de 2015

    A partir do outono de 2016, o novo currículo do ensino primario de Finlandia introducirá o xogo e o canto como principais métodos para aprender linguas estranxeiras.

    Fonte: YLE

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder