Os representantes de todos os grupos políticos municipais apoiaron o texto do borrador do Plan de normalización lingüística, cuxa aprobación definitiva está prevista para o 16 de marzo.
Fonte: Asturies.com
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os representantes de todos os grupos políticos municipais apoiaron o texto do borrador do Plan de normalización lingüística, cuxa aprobación definitiva está prevista para o 16 de marzo.
Fonte: Asturies.com
O grupo a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa) pediulle á Asemblea de Gales que amplíe a oferta de centros de inmersión lingüística en galés co fin de espallar este modelo de ensino a máis nenos e nenas de todo o país.
Fonte: South Wales Argus
Timor Leste disporá das súas primeiras canles de televisión con contidos propios que incluirán programas subtitulados en portugués para contribuír á difusión desa lingua no país asiático.
Mikel Arregi, director xerente do instituto Euskarabidea, avoga por unha política que lle garanta á cidadanía os seus dereitos lingüísticos ante as Administracións públicas.
Fonte: El Diario
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) subscribiu varios convenios de colaboración con diferentes entidades co obxectivo de avanzar no fomento da lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O manifesto preséntase na Asociación de Xornalistas Europeos de Madrid e expón a necesidade de obter un consenso social, territorial e político entre todas as comunidades lingüísticas que conviven en España.
Fonte: ABC
Unha iniciativa de apoio á Plataforma de Axuda aos Refuxiados de Portugal permitirá que a Universidade de Aveiro lles ensine gratuitamente a lingua portuguesa aos refuxiados de Siria que vivan na rexión.
Fonte: Cidades
O presidente do Goberno municipal de Miranda do Douro pediulle ao ministro de Cultura portugués, João Soares, que asine a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias co fin de valorizar a lingua mirandesa.
Fonte: RTP Notícias
O certame, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, premiará os mellores textos tanto de narrativa como de poesía escritos en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A dous días do 24 de febreiro, data destacada no calendario de celebracións da lingua galega por conmemorarse o 179º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer en rolda de prensa a segunda das actividades que a Consellería de Cultura e Educación porá en marcha en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco da quinta edición do programa FalaRedes: 'A viaxe de Rosalía'.
Subscríbase ao boletín