Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    25 de novembro de 2015

    Un estudo realizado por un equipo de investigadores da Universidade de Edimburgo e o Instituto de Ciencias Médicas da cidade india de Hyderabad demostrou que os falantes de varias linguas teñen máis posibilidades de recuperarse tras sufrir un derrame cerebral.

    Fonte: Scotsman

    24 de novembro de 2015

    A monografía Literaturas extranjeras y desarrollo cultural. Hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega é unha obra colectiva que recompila dez traballos que analizan o fenómeno da tradución no ámbito literario.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de novembro de 2015

    Escola Valenciana demanda unha lei de normalización lingüística para o valenciano e que se incremente o investimento nesta lingua para aumentar o seu prestixio e o seu uso social.

    Fonte: La Vanguardia

    24 de novembro de 2015

    O orzamento dedicado ao asturiano pasa de 1 552 684 € en 2015 a 1 570 664 € e as accións propostas para poñer en marcha son as mesmas que o ano pasado.

    Fonte: Asturies.com

    24 de novembro de 2015

    O Comité dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro e a Organización Internacional da Francofonía (OIF) asinan un convenio de colaboración que garantirá a promoción da lingua francesa no Brasil.

    Fonte: Agência Brasil EBC

    24 de novembro de 2015

    O sitio de contidos turísticos TripAdvisor rexeita a publicación de comentarios escritos en galés porque viola a política lingüística da empresa.

    Fonte: Daily Post

    23 de novembro de 2015

    Continúa o descenso no uso do catalán na Xustiza, pois baixou do 12,4 % de sentenzas emitidas en catalán en 2013 ao 12,2 % no ano seguinte, fronte a un 87,8 % en castelán.

    Fonte: Abogacía

    23 de novembro de 2015

    O 3 de decembro é o Día Internacional do Éuscaro e para celebralo o Concello de Donostia ten programadas máis de 150 actividades.

    Fonte: Donostiako Udala

    20 de novembro de 2015

    Google revela nun comunicado que introducirá ferramentas para xerar contido traducido en YouTube.

    Fonte: Administradores

    20 de novembro de 2015

    A Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés) presentou a Folla de Ruta para a Diversidade Lingüística que avogará pola igualdade de todas as linguas europeas.

    Fonte: Nationalia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder