Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    02 de decembro de 2015

    Para darlle este impulso ao éuscaro destinaranse 2,8 millóns de euros para conceder axudas a empresas, persoas, publicacións, concellos e mancomunidades.

    Fonte: Deia

    02 de decembro de 2015

    Co obxectivo de impulsar o uso do catalán nos xogos e nos xoguetes, o Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) presentou unha aplicación que permite buscar estes produtos e que conta con máis de 600 referencias.

    Fonte: Finanzas

    02 de decembro de 2015

    O pasado 25 de novembro a Sala Capitol de Santiago acolleu a iniciativa LGx15 na que Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi, Manuel N. Singala, Lara Tigre, Xurxo Mariño e Luís Iglesia fixeron as súas reflexións sobre o galego.

    Fonte: Sermos Galiza

    02 de decembro de 2015

    A falta da adecuación dos programas educativos e a preparación dos profesores están a obstaculizar o desenvolvemento do ensino do portugués en Timor Leste.

    Fonte: Sapo

    01 de decembro de 2015

    Un estudo realizado a 800 mozas e mozos do País de Gales mostra que un pouco menos da metade considera que non falará a lingua galesa en idade adulta.

    Fonte: NewStatesman

    01 de decembro de 2015

    Os alumnos inmigrantes do País Vasco matriculáronse maioritariamente en modelos euscaldúns. En concreto, os 2681 estudantes de orixe estranxeira, 1163 escolleron a liña D, en éuscaro, e outros 736, a bilingüe. O resto, 782, fíxoo en castelán.

    Fonte: Diario Vasco

    01 de decembro de 2015

    Son un total de 4151 os estudantes que escolleron o éuscaro como lingua de aprendizaxe, o que supón o 50 % dos novos matriculados na Universidade do País Vasco.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    01 de decembro de 2015

    Neira Vilas foi considerado o escritor do pobo por obras mestras da literatura galega como Memorias dun neno labrego.

    Fonte: Galicia Confidencial

    01 de decembro de 2015

    A Consellería de Saúde do Goberno vasco puxo en marcha unha batería de medidas co obxectivo de fomentar o uso do éuscaro na sanidade pública.

    Fonte: El Mundo

    01 de decembro de 2015

    A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela é o escenario da entrega dos premios do I Concurso Literario Mazarelos convocados pola comisión de normalización lingüística do centro.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder