Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    11 de setembro de 2015

    No curso académico 2015-2016 o alumnado matriculado no modelo D, de ensino en éuscaro, alcanza o 65,5 %, unha porcentaxe moi superior ao 15,7 % do modelo A, en castelán, e ao 18,8 % do modelo B, bilingüe.

    Fonte: Deia

    11 de setembro de 2015

    O filme en éuscaro Loreak foi un dos preseleccionados para representar a España nos vindeiros Premios Óscar na categoría de mellor película de fala non inglesa.

    Fonte: La Información

    10 de setembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa a nova edición do programa de dinamización lingüística ‘Os Axóuxeres’, que chegará desde esta fin de semana a 26 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para promover o uso do galego e a súa transmisión interxeracional.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de setembro de 2015

    O Goberno vasco deseñou unha serie de medidas relacionadas cos dereitos lingüísticos para poñer en marcha en colaboración co sector do comercio e outros sectores vinculados co consumo.

    Fonte: Euskara

    10 de setembro de 2015

    Este grupo de traballo estará formado por colectivos que traballan na normalización do éuscaro en Pamplona. A súa finalidade é poñer en marcha actuacións que garantan os dereitos lingüísticos da poboación.

    Fonte: EiTB

    10 de setembro de 2015

    Co obxectivo de internacionalizar a lingua galega, a Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística, participará na iniciativa Tosta Cargo.

    Fonte: ABC

    10 de setembro de 2015

    O Concello de Ourense, coa colaboración da Consellería de Traballo, organiza dous cursos, un de galego e outro de castelán, para a obtención de competencias clave de ambas as linguas.

    Fonte: La Región

    09 de setembro de 2015

    Os recortes en educación obrigarán a un total de 20 profesores da Escola de Linguas Modernas da Universidade do Ulster a perder os seus empregos.

    Fonte: Belfast Live

    09 de setembro de 2015

    Só 377 escolas públicas do estado de Australia Occidental ofertan clases de linguas diferentes ao inglés, fronte ás 523 do ano pasado.

    Fonte: ABC

    08 de setembro de 2015

    O Tribunal Supremo de Paquistán ordenou a aplicación inmediata do Artigo 251 que establece que o urdú debe ser a lingua oficial das oficinas gobernamentais.

    Fonte: Geo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder