Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de setembro de 2015

    O lehendakari destacou que o éuscaro gañou máis de 300 000 falantes, moitos deles grazas aos euskaltegis.

    Fonte: Deia

    11 de setembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron en Santiago, en rolda de prensa, o novo Portal da Lingua Galega, que substituirá desde agora o web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de setembro de 2015

    Un axente do posto de Gondomar (Pontevedra) negouse a atender a un cidadán en lingua galega, motivo polo cal a Garda Civil lle enviou unha carta de desculpa.

    Fonte: Faro de Vigo

    11 de setembro de 2015

    Un estudo elaborado polo British Council avalía o ensino da lingua inglesa nas escolas públicas do Brasil. Entre outras cousas, analízase a percepción do alumnado e as condicións do profesorado.

    Fonte: Segs

    11 de setembro de 2015

    O Goberno de Escocia aprobará políticas que promovan a lingua escocesa ou scots. Por exemplo, coas novas medidas, os sinais públicos pasarán a estar en tres linguas: inglés, gaélico e scots.

    Fonte: Scotsman

    11 de setembro de 2015

    O Centro de Linguas aposta, entre outras novidades, por cursos orientados ao mundo empresarial e laboral.

    Fonte: Universidade de Vigo

    11 de setembro de 2015

    O Centro de Linguas da Universidade do Miño (Portugal) ofrecerá este ano unha ampla oferta de cursos en linguas estranxeiras. O programa formativo inclúe idiomas como o alemán, o español, o francés, o galego, o inglés, o italiano, o portugués como lingua estranxeira, o ruso e o xaponés.

    Fonte: Gazeta do Rossio

    11 de setembro de 2015

    Unha das medidas que se porán en marcha para fomentar o uso do valenciano será a creación dun gabinete de normalización lingüística.

    Fonte: El Diario

    11 de setembro de 2015

    A campaña Líofa, coa que o Goberno de Irlanda do Norte quería promover o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica, superou todos os prognósticos: 13 000 persoas comprometéronse a falar irlandés antes do fin de 2015 e o obxectivo inicial era de 1000.

    Fonte: BBC

    11 de setembro de 2015

    A través do Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL), durante o curso 2015-2016 ofreceranse en toda Cataluña máis de 3500 cursos. A poboación inmigrante e as empresas serán dous colectivos aos que se lles prestará unha maior atención.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder