Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de decembro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que na súa XXVIII edición recaeu en Xerardo Quintiá pola súa obra Fornelos&Fornelos, Segunda Fundación.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de decembro de 2015

    Ao Curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro, organizado pola Área de Normalización Lingüística, acudiron vinte mozos e mozas de lugares como México, Alemaña, China ou Corea.

    Fonte: Universidade de Vigo

    21 de decembro de 2015

    O Concello de Mondoñedo acolleu a entrega de premios do XVI Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, un acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de decembro de 2015

    A BBC está avaliando aplicar unha tecnoloxía de voz que permita traducir noticias de televisión do inglés ao xaponés e ao ruso.

    Fonte: Arstechnica

    18 de decembro de 2015

    A televisión pública de Mozambique (TVM) continúa a súa expansión nas diferentes provincias do país africano e desexa ampliar a súa programación en diferentes linguas nativas.

    Fonte: Next TV News

    18 de decembro de 2015

    O Ministerio de Medio Ambiente de Angola publica o Manual do Activista Ambiental que incluirá información en tres das principais linguas nacionais do país: kimbundu, umbundu e kikongo.

    Fonte: Agência Angola Press

    18 de decembro de 2015

    O aeroporto internacional xaponés de Toquio comezará a probar un megáfono que permite traducir simultaneamente mensaxes do xaponés a inglés, chinés e coreano.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    18 de decembro de 2015

    O Concello de Alacant reforzará en 2016 os recursos humanos e técnicos da súa Oficina de Promoción Lingüística.

    Fonte: La Vanguardia

    18 de decembro de 2015

    A oferta televisiva en catalán aumenta no arquipélago balear coa volta das emisións das canles da Corporación Catalá de Medios Audiovisuais Super 3, Canal 33 e 03/24.

    Fonte: Última Hora

    18 de decembro de 2015

    As empresas gañadoras da edición deste ano do Premio Manuel Beiras foron Sacaúntos Cooperativa Gráfica, a libraría de mulleres Lila de Lilith e Imaxin Software.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder