Loreak, a película rodada integramente en éuscaro, non optará finalmente aos premios Óscar ao non pasar o primeiro filtro da Academia de Cine de Hollywood.
Fonte: El Diario
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Loreak, a película rodada integramente en éuscaro, non optará finalmente aos premios Óscar ao non pasar o primeiro filtro da Academia de Cine de Hollywood.
Fonte: El Diario
Este novo espazo web foi creado polo Centro de Documentación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat e nel poden atoparse referencias de libros, documentos electrónicos, artigos de revistas etc.
Fonte: Generalitat de Catalunya
El día más corto [ED+C] incorpora por vez primeira á súa programación curtametraxes en galego, catalán e vasco, o que constitúe unha das principais novidades da terceira edición desta iniciativa.
Fonte: Galicia Confidencial
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Rede de Dinamización Lingüística veñen de confeccionar unha ferramenta informática para que pais, nais e servizos de normalización dos concellos poidan axudar os Reis Magos a elaboraren, dun xeito doado, unha carta para responder en galego ás peticións que reciben dos máis cativos.
Fonte: Xunta de Galicia
O novo presidente da Asemblea de Córsega, Jean-Guy Talamoni, empregou a lingua vernácula no acto de investidura do novo goberno rexional, feito que orixinou o rexeitamento por parte da clase política francesa.
Fonte: Jornalet
Os historiadores Bernardo Mota, Henrique Leitão e Telo Ferreira Canhão recibiron o premio de Tradución Científica e Técnica en Lingua Portuguesa pola tradución de obras científicas ou técnicas ao portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
O concerto celebrarase no salón de actos do colexio Jovellanos e con el preténdese acercar a lingua asturiana ao público infantil a través da música.
Fonte: La Nueva España
O estudo conclúe que o feito de compartir un idioma cos hispanoamericanos xerou importantes ganancias para as empresas españolas.
Fonte: El Diario
O Vocabulario panlatino de sistemas de transporte intelixentes compila 267 termos relacionados co ámbito dos transportes, coas súas equivalencias en sete linguas (galego, castelán, catalán, francés, inglés, italiano e portugués). A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa e a Rede Panlatina de Terminoloxía (Realiter) foron os encargados da realización deste traballo terminolóxico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O portal económico Bolsamanía lanza unha nova edición en catalán co obxectivo de chegar a máis xente e dar un servizo máis completo.
Fonte: Bolsamanía
Subscríbase ao boletín