Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de novembro de 2015

    O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, participaron no acto de presentación da oitava edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que se celebrará en Pontevedra os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de novembro de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo entrega do IX Premio de Narrativa Breve Repsol ao escritor e avogado Marcos Calveiro, pola súa obra Fontán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de novembro de 2015

    O proxecto de reforma da empresa de radiodifusión pública italiana non prevé emisións en linguas como o friulano ou o sardo. Porén, a norma si inclúe a posibilidade de ofrecer espazos noutras linguas como o francés, o alemán e o esloveno.

    Fonte: Nationalia

    18 de novembro de 2015

    A Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que garante o uso da lingua materna a todos os estudantes indíxenas.

    Fonte: Boa Vista Agora

    18 de novembro de 2015

    A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) realizou un estudo no que se sinala a falta de integración do galego nos servizos de atención ao consumidor dos principais grupos de distribución de Galicia.

    Fonte: 20minutos

    18 de novembro de 2015

    O Consello de Cornualles aprobou un plan de fomento e protección da lingua córnica que se incorporará paulatinamente ás comunicacións e publicacións oficiais.

    Fonte: Western Morning News

    18 de novembro de 2015

    Unha campaña animará os cidadáns finlandeses a empregar o finés cos estranxeiros co fin de axudalos a mellorar as súas destrezas nesa lingua.

    Fonte: YLE

    17 de novembro de 2015

    O cuarto vídeo do ano 2015 do proxecto Poziktibity presentouse en Bilbao, un vídeo que está directamente relacionado co Día Internacional do Éuscaro.

    Fonte: Bilbao Actual

    17 de novembro de 2015

    Arredor de 70 concellos galegos asistiron ao Encontro de política lingüística municipal, un encontro no que se alertou sobre o retroceso da normalización lingüística na Administración local durante os últimos anos.

    Fonte: Galicia Hoxe

    17 de novembro de 2015

    O valenciano será a lingua habitual de comunicación da Generalitat, segundo se acordou nunha reunión da Comisión Interdepartamental para a aplicación da Lei de uso do valenciano.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder