O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega de premios da VI edición do certame de cine OUFF Escola, celebrado en Ourense. Convocado pola Concellería de Cultura da cidade e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, este concurso de cinema escolar está enmarcado na 20ª edición do devandito festival de cine, que se celebra na capital das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O pleno do Senado da República de México aprobou reformas da Lei xeral de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas co fin de promover e impulsar a recuperación e desenvolvemento das linguas maternas.
Fonte: 24 horas
Unha resolución do Ministerio de Educación do Perú recoñece a oficialidade do alfabeto da lingua orixinaria bora. O novo alfabeto consta de 26 letras e permitirá garantir a súa protección e difusión.
Fonte: Andina
A campaña informativa posta en marcha polo Concello de Alacant ten como obxectivo fomentar o cumprimento da normativa vixente sobre o uso da lingua valenciana entre o persoal municipal.
Fonte: Alicante Actualidad
Representantes de diferentes colectivos encabezan o manifesto Queremos galego na Administración local de Cee.
Fonte: Que Pasa na Costa
O Correlingua, unha carreira que ten como obxectivo que o alumnado reivindique publicamente o uso do galego, terá como lema, na edición de 2016, “O galego está en nós”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha conferencia da Universidade de Bangor analizará propostas para fomentar o uso do galés no ámbito laboral. O encontro contará coa presenza do ministro principal de Gales, Carwyn Jones, e a comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws.
Fonte: BBC
O Concello de Lisboa abrirá ao público un servizo de atención en lingua de signos que contará coa participación da Federación Portuguesa de Asociacións de Xordos.
Fonte: Público
Un concelleiro da cidade galesa de Wrexham escúdase no baixo uso do galés no municipio para defender os recortes na oferta de servizos públicos nesa lingua.
Fonte: Wales Online
Por medio dun acto presidido por personalidades políticas e culturais da rexión francesa de Mediodía-Pireneos, a Oficina Pública da Lingua Occitana, encargada de definir a política pública a favor do occitano, instálase na cidade de Tolosa.
Fonte: News press
Boletín
Subscríbase ao boletín
