Entre as medidas de fomento do galego, o Concello triplicará o persoal e o orzamento para o servizo de normalización lingüística.
Fonte: Agencia Noticias
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Entre as medidas de fomento do galego, o Concello triplicará o persoal e o orzamento para o servizo de normalización lingüística.
Fonte: Agencia Noticias
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta un novo proxecto didáctico en galego destinado á educación infantil: o libro ilustrado O abecedario.
Fonte: Galicia Confidencial
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Bruxelas á Conferencia sobre Multilingüismo, Migración e Economía que organiza a Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD).
Fonte: Xunta de Galicia
A creación desta dirección de planificación lingüística considérase indispensable para garantir a posta en marcha de medidas nos medios de comunicación públicos incluídas no Plan de dignificación da lingua asturiana.
Fonte: Asturies.com
Segundo un informe realizado pola Universidade das Illas Baleares, dous terzos da poboación do arquipélago afirma saber falar en catalán e o 94 % asegura entendelo.
Fonte: Cadena SER
A Generalitat de Cataluña convoca unha nova edición destes premios que teñen como finalidade fomentar a produción audiovisual de curtametraxes en catalán e occitano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A posta en marcha deste programa de voluntariado lingüístico realizarase xunto coa asociación cultural Paraula.
Fonte: 20minutos
Mediante a recollida de sinaturas a través de Change.org preténdese que Netflix España engada a opción de versión en galego nos filmes.
Fonte: Código Cero
Club de Debate é un proxecto colaborativo promovido por varios concellos galegos que ten como obxectivo a dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Estas subvencións están destinadas á creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística dos concellos da provincia da Coruña.
Fonte: CTNL
Subscríbase ao boletín