Continúa o descenso no uso do catalán na Xustiza, pois baixou do 12,4 % de sentenzas emitidas en catalán en 2013 ao 12,2 % no ano seguinte, fronte a un 87,8 % en castelán.
Fonte: Abogacía
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Continúa o descenso no uso do catalán na Xustiza, pois baixou do 12,4 % de sentenzas emitidas en catalán en 2013 ao 12,2 % no ano seguinte, fronte a un 87,8 % en castelán.
Fonte: Abogacía
O 3 de decembro é o Día Internacional do Éuscaro e para celebralo o Concello de Donostia ten programadas máis de 150 actividades.
Fonte: Donostiako Udala
Google revela nun comunicado que introducirá ferramentas para xerar contido traducido en YouTube.
Fonte: Administradores
A Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés) presentou a Folla de Ruta para a Diversidade Lingüística que avogará pola igualdade de todas as linguas europeas.
Fonte: Nationalia
Con ocasión do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, o colectivo de escolas de fala occitana denuncia nun comunicado que o Estado francés segue a rexeitar a aplicación do artigo 30 da Convención sobre os Dereitos do Neno que aborda a diversidade lingüística.
Fonte: Jornalet
A rexión de Friúl-Venecia Giulia investirá 30 000 euros en software para traducir ao friulano documentos de diferentes oficinas públicas.
Fonte: Trieste Prima
Estes cursos foran eliminados en 2009 e están dirixidos a xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza e demais funcionariado do ámbito xudicial da Comunidade Valenciana.
Fonte: 20minutos
Os gobernos vasco e paraguaio asinarán un convenio de colaboración para impulsar a normalización do guaraní tomando como exemplo a experiencia do éuscaro.
Fonte: El Diario
O Concello de Ribeira porá en marcha estas actividades en colaboración coa área de Servizos Sociais e os centros educativos do municipio.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Na presentación do proxecto de orzamentos do Concello de Pamplona para o ano 2016 sinalouse cales serán as cinco liñas prioritarias, entre as que se encontra o impulso ao éuscaro.
Fonte: Navarra.com
Subscríbase ao boletín