O estudo sobre os usos da lingua galesa 2013-2015 revela un pequeno ascenso no número de falantes de galés. Porén, os datos mostraron un descenso de falantes nas zonas onde a lingua estaba máis arraigada.
Fonte: Wales Online
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O estudo sobre os usos da lingua galesa 2013-2015 revela un pequeno ascenso no número de falantes de galés. Porén, os datos mostraron un descenso de falantes nas zonas onde a lingua estaba máis arraigada.
Fonte: Wales Online
O Brasil e o Canadá asinaron un acordo de colaboración que permitirá o ensino do portugués no Canadá e o francés e o inglés no Brasil.
Fonte: Planeta Universitario
Segundo un estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística no 40 % dos centros de Educación Infantil das cidades non se usa nunca o galego e só no 5 % se utiliza maioritariamente.
Fonte: La Voz de Galicia
Os monitores do aeroporto Santos Dumont de Rio de Janeiro (Brasil) inclúen a partir de agora mensaxes visuais adaptadas á lingua de signos brasileira.
Fonte: Portal Brasil
A Universidade de York, en Toronto, Canadá, lanzou un premio para incentivar o estudantado da institución de ensino a iniciarse no estudo do portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística na súa vixésimo quinta edición. Celebrada no Teatro Principal da Estrada, a Asociación Cultural O Brado procura recoñecer con estes galardóns o traballo na defensa do galego, o uso do idioma e a súa proxección por parte de persoas, colectivos ou entidades.
Ponte... nas Ondas! inclúe na Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa unha gala especial para reivindicar o recoñecemento pendente para o patrimonio inmaterial galego-portugués.
Fonte: Culturagalega.org
Este premio, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio compostelá, ten como obxectivo recoñecer publicamente o compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial. Nel recóllense dúas categorías: unha para as empresas que veñen realizando un emprego continuado da lingua galega e outra para as que incorporaron recentemente o seu uso.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística visitou os oito novos bolseiros do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
Fonte: Xunta de Galicia
Membros das Primeiras Nacións, a comunidade de pobos indíxenas canadenses, reuníronse en Saskatoon para intercambiar ideas sobre a preservación de cadansúas linguas indíxenas.
Fonte: CBC
Subscríbase ao boletín