A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela é o escenario da entrega dos premios do I Concurso Literario Mazarelos convocados pola comisión de normalización lingüística do centro.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un home da Rexión Autónoma do Tibet, administrada por China, quere presentar unha demanda para solicitarlles ás autoridades que faciliten máis educación en lingua tibetana. China segue restrinxindo o ensino en lingua vernácula e moitas escolas ensínana xa como idioma estranxeiro.
Fonte: New York Times
O secretario de Economía e Finanzas de Macau solicitou apoio para a contratación de máis profesores de portugués co fin de promover os negocios cos países lusófonos.
Un grupo de nove voluntarios creou un curso de catalán na plataforma de idiomas Duolingo e en só tres días xa se anotaron 5000 persoas.
Fonte: El País
O Instituto Navarro do Éuscaro destinará 1,5 millóns de euros ao fomento da lingua vasca nos ámbitos do ensino de adultos e na súa presenza nos medios de comunicación.
Fonte: Noticias de Navarra
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana mostrou a súa decepción cos orzamentos autonómicos dedicados á política lingüística, un orzamento que supón o 0,04 % do total.
Fonte: El Comercio
O Concello de Oviedo e a Consellería de Educación acordaron impulsar a lingua asturiana. Entre outros temas, analizouse a posibilidade de crear un servizo de normalización lingüística municipal.
Fonte: El Comercio
O estudo sobre os usos da lingua galesa 2013-2015 revela un pequeno ascenso no número de falantes de galés. Porén, os datos mostraron un descenso de falantes nas zonas onde a lingua estaba máis arraigada.
Fonte: Wales Online
O Brasil e o Canadá asinaron un acordo de colaboración que permitirá o ensino do portugués no Canadá e o francés e o inglés no Brasil.
Fonte: Planeta Universitario
Segundo un estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística no 40 % dos centros de Educación Infantil das cidades non se usa nunca o galego e só no 5 % se utiliza maioritariamente.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín