Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de outubro de 2015

    A Mesa pola Normalización Lingüística e CIG-Ensino solicitáronlle ao conselleiro de Política Social que actúe no caso de discriminación lingüística dunha traballadora do centro infantil coruñés Jungle World.

    Fonte: Galicia Hoxe

    16 de outubro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo coa Asociación de Empresarios da Construción de Ourense (ACO) enmarcado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de outubro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo co secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) centrado no Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de outubro de 2015

    A campaña está prevista para 2016 e ten como obxectivo impulsar o uso do catalán en todos os ámbitos da vida social.

    Fonte: UH Noticias

    15 de outubro de 2015

    Esta nova gramática do valenciano preséntase con motivo da celebración do centenario da Real Academia da Lingua Valenciana.

    Fonte: Las Provincias

    15 de outubro de 2015

    Trátase dun convenio de colaboración en materia de dereitos lingüísticos entre o Goberno vasco e as principais entidades financeiras presentes en Euskadi.

    Fonte: Gobierno Vasco

    15 de outubro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Ferrol a exposición coa que se lle rende homenaxe a Manuel Rodríguez López, que chegou a ser considerado o máis insigne poeta obreiro da literatura galega do século XX.

    Fonte: Xunta de Galicia

    14 de outubro de 2015

    Cada vez máis persoas mostran o seu interese por aprender portugués no Centro Cultural Brasileiro de Bisau (Guinea-Bisau), informou o director da institución.

    Fonte: Diário Digital

    14 de outubro de 2015

    A Universidade de Pau, no departamento occitano dos Pireneos Atlánticos, ofertará por primeira vez un curso de lingua asubiada de Béarn.

    Fonte: Aranes

    14 de outubro de 2015

    A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG-Ensino denuncian que se lle prohibiu utilizar o galego nas clases á empregada dunha escola infantil da Coruña.

    Fonte: Galicia Confidencial

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder