O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Ourense a exposición ‘Arte e Ciencia’ da Institución Galega da Ciencia.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou en Ourense a exposición ‘Arte e Ciencia’ da Institución Galega da Ciencia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade Intercultural de Chiapas (Unich) imparte un curso de tradución que ten como obxectivo revitalizar as linguas orixinarias do estado.
Fonte: 20 minutos
O Consello de Cornualles votará o novo Plan da lingua córnica que prevé formar algúns traballadores públicos en nocións básicas do idioma.
Fonte: The Guardian
A actividade “Son xogos, xogos sons” está destinada a nenas e nenos de entre 4 e 9 anos. Trátase dun concerto-obradoiro que ten como obxectivo promover a transmisión lingüística e fomentar a creación de espazos de lecer en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A instrución que está a elaborar o Goberno, ademais de regular os requisitos lingüísticos das empresas que opten a un contrato público, servirá de marco para o resto de administracións.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Presentouse o terceiro vídeo do proxecto Poziktibity que se centra no dereito a que a Administración atenda os cidadáns na lingua que eles escollan.
Fonte: Diario Vasco
A rede de centros plurilingües de Galicia, posta en marcha pola Xunta en 2010 para mellorar a aprendizaxe de linguas estranxeiras, contará este curso con seis membros novos: Compañía de María e Valle Inclán I, en Ferrol; Jorge Juan e CEIP O Ramo, en Fene; Virxe da Cela, en Monfero; e Virxe do Mar, en Narón.
Fonte: La Voz de Galicia
O Sindicato de Traballadores e Traballadoras Intersindical solicitoulle ao Goberno balear que modifique a lei e volva esixirse o requisito da lingua catalá para acceder ás convocatorias de emprego da Administración.
Fonte: Diari de Balears
Malia unha lixeira diminución de consumo de radio en catalán con respecto ao ano anterior, a cota nesta lingua continúa sendo maioritaria, mentres que no caso da televisión o castelán se mantén como a lingua principal.
Fonte: El Periódico
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantiveron unha xuntanza de traballo coa Irmandade Galega de Adegueiros (IRGADE) para abordar o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, que pretende potenciar e ampliar o uso do galego no eido empresarial e cuxa aprobación está prevista para finais de ano.
Subscríbase ao boletín