A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizou, un ano máis e no marco do proxecto Dragal 2014-15, o II Encontro Dragal no Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña).
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizou, un ano máis e no marco do proxecto Dragal 2014-15, o II Encontro Dragal no Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña).
Fonte: Xunta de Galicia
O Ministerio de Xustiza de Francia publicou un cuestionario en liña para coñecer a opinión dos cidadáns franceses sobre a ratificación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Jornalet
A Fundación Calouste Gulbenkian de París outorgou un premio literario á tradución francesa do libro Que cavalos são aqueles que fazem sombra no mar?, do escritor portugués António Lobo Antunes.
Fonte: Lux.pt
O orzamento de 31 070 euros repártese entre doce entidades que se encargarán de pór en marcha actividades culturais e artísticas en éuscaro durante 2015.
Fonte: ABC
O informe Valor e impacto económico del euskera conclúe que esta lingua supón o 4,2 % do PIB do País vasco, o que se traduce nuns 2800 millóns de euros, e xera 56 142 empregos.
Fonte: El Diario
A cidade de Edimburgo introducirá a aprendizaxe de dúas linguas estranxeiras entre o alumnado de ensino primario. As linguas ofertadas serán o gaélico, o francés, o español, o chinés, o farsi e o polaco.
Fonte: BBC
O ministro de Educación de Gales, Huw Lewis, inaugurou a escola Bryn Hafren como centro de excelencia para a aprendizaxe de linguas estranxeiras no País de Gales.
Fonte: Barry & District News
O grupo de traballo encargado deste novo dicionario, que mantivo a súa primeira reunión, unificará os termos en éuscaro que se utilizan nas cámaras vasca e navarra, e nas xuntas xerais dos tres territorios de Euskadi.
Fonte: El Mundo
Tras permanecer catro anos sen actividade, anunciouse a convocatoria do Pleno do Consello Social da Lingua Catalá.
Fonte: El Día
O Concello de Narón organiza, no marco do proxecto Apego, o espectáculo musical “Unha viaxe polo mundo” para fomentar a transmisión lingüística e crear espazos de uso en galego no ámbito do lecer.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Subscríbase ao boletín