Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de outubro de 2015

    O poeta galego Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) resultou gañador do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2015 pola súa obra Celebración, escrita en lingua galega, considerada o mellor libro de poesía dun autor menor de 31 anos publicado en todo o Estado.

    22 de outubro de 2015

    O xornal chinés O Diario do Pobo publicará a partir de agora noticias en lingua portuguesa. O xornal está en liña tamén en alemán, árabe, coreano, español, francés e inglés.

    Fonte: Público

    22 de outubro de 2015

    O papiro do César, o novo libro das aventuras de Astérix, será publicado tamén en lingua mirandesa. A súa tradución correu a cargo do lingüista José Pedro Ferreira e o investigador e escritor Carlos Ferreira.

    Fonte: TVI 24

    22 de outubro de 2015

    A Dirección Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha liña de axudas para fomentar a dobraxe ao catalán e os subtítulos nesta lingua das producións audiovisuais.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    21 de outubro de 2015

    O Parlamento Vasco debate unha proposición non de lei que ten como obxectivo reformular o sistema para a certificación oficial do coñecemento de éuscaro.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    21 de outubro de 2015

    Na Universidade Pública de Navarra vai en aumento a docencia en éuscaro, que chega ao 20 % do total, e en inglés, que alcanza o 18 %.

    Fonte: Noticias de Navarra

    21 de outubro de 2015

    A illa de San Simón, en Redondela, reúne ata o vindeiro 24 de outubro poetas e tradutores e tradutoras procedentes de diversos países que participan este ano no Obradoiro Internacional de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’, un proxecto pioneiro e único en España que sitúa Galicia no mapa da rede de iniciativas dedicadas ao intercambio entre linguas, poéticas e sistemas literarios.

    20 de outubro de 2015

    O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia, a Academia della Crusca e a Confederación Suíza participan na organización en todo o mundo da XV edición da Semana da Lingua Italiana.

    Fonte: Il Quotidiano della PA

    20 de outubro de 2015

    A aprobación dun acordo cultural bilateral entre Italia e Bosnia e Hercegovina permitirá reforzar o ensino da lingua italiana nas universidades do país balcánico.

    Fonte: Ansa Med

    20 de outubro de 2015

    A deputada do BNG Rosana Pérez pediulle ao Goberno que lle explicase por que nas pasadas eleccións municipais do mes de maio se emitiron as credenciais de concelleiros só en castelán. O Goberno apuntou que a responsabilidade da exclusión do galego é das xuntas electorais de Galicia.

    Fonte: El Diario

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder