Con motivo da chegada ao Estado español de Netflix, a Plataforma pola Lingua envioulle unha carta para solicitarlle que emita contidos en catalán.
Fonte: La Vanguardia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Con motivo da chegada ao Estado español de Netflix, a Plataforma pola Lingua envioulle unha carta para solicitarlle que emita contidos en catalán.
Fonte: La Vanguardia
O VI Día da Ciencia en Galego celébrase o mércores 4 de novembro, unha data para a que a Coordinadora Galega de ENDL está a organizar unha videoconferencia vía web cun investigador galego da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Facultade de Filoloxía de Santiago acolle os días 20 e 21 de outubro o Congreso Internacional MULTILEX ‘Lexicografía multilingüe en rede’.
Na XVII edición dos Encontros para a Normalización Lingüística expuxéronse os datos e as experiencias de normalización e planificación pensadas para os máis novos. Ademais, constatouse que cómpre un traballo colaborativo entre entidades e institucións que permita inverter a baixada de galegofalantes.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A escasa ou nula transmisión xeracional do valón, no sur de Bélxica, podería levar á súa desaparición, informou un representante da Biblioteca dos Dialectos de Valonia. Hai só un século falábao un 80 % da poboación.
Fonte: Terra
Membros de asociacións a prol do gaélico irlandés reuníronse para mostrar o seu apoio a un programa de investimento que axudaría a crear postos de traballo en zonas de fala gaélica, por medio de empresas que fomenten o uso da lingua.
Fonte: Irish Times
A localidade navarra de Elizondo acolle o Nafarroa Oinez 2015, a festa do éuscaro, que conta con actividades musicais, gastronómicas e infantís.
Fonte: El Correo
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, acudiu á inauguración do simposio da Sociedade Internacional Portugués Lingua Estranxeira (SIPLE) onde destacou o aumento de estudantes desta lingua en Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta Xeral do Principado de Asturias aprobou unha proposición non de lei de Esquerda Unida destinada a poñer en marcha un plan para dignificar, protexer e normalizar a lingua asturiana.
Fonte: El Comercio
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organizou, un ano máis e no marco do proxecto Dragal 2014-15, o II Encontro Dragal no Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña).
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín