Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2015

    O Ministerio de Xustiza rexeitou a queixa presentada en galego pola Marcha Mundial das Mulleres en relación co asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio de 2015 e ínstaa a que presente o escrito en castelán.

    Fonte: Sermos Galiza

    27 de outubro de 2015

    Esta asociación pontevedresa organiza "Falamos galego!", unha iniciativa coa que se busca crear espazos para que a veciñanza practique galego coa axuda dun mestre que resolverá as dúbidas lingüísticas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    27 de outubro de 2015

    Este pasado domingo 25 de outubro rematou, en Ponteareas, a xira do espectáculo ‘Os Bolechas, na máquina do tempo’ do programa FalaRedes 2015 que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, coa colaboración das deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra en concellos da súa competencia territorial.

    27 de outubro de 2015

    Unha proposta apoiada polo ministro de Educación israelí, Naftali Bennett, podería introducir o ensino obrigatorio do árabe nas escolas israelís.

    Fonte: Language Magazine

    27 de outubro de 2015

    A Academia das Ciencias de Lisboa asinou un acordo de cooperación co Pórtico da Lingua Portuguesa para a promoción e enriquecemento do léxico portugués.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    26 de outubro de 2015

    Tras dous anos de interrupción regresa ás aulas, entre o 26 de outubro e o 22 de decembro, unha nova edición do programa Solaskide de reforzo da oralidade en éuscaro.

    Fonte: 20minutos

    26 de outubro de 2015

    A Sociedade de Falantes de Portugués da Universidade de Cambridge anunciou a creación dunha páxina en portugués dirixida a estudantado e profesorado lusófonos.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    26 de outubro de 2015

    Despois de 40 anos de traballo, presentan na Feira do Libro de Carhaix (Bretaña) un dicionario de bretón de 8000 páxinas.

    Fonte: France Bleu

    26 de outubro de 2015

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro de traballo coa xunta directiva da Asociación de Empresarios de Ferrolterra e con membros da dirección de Aenor no marco do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020 que está a elaborar a Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de outubro de 2015

    O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, recibiu a misión asiática que visita Galicia nestes días no marco dos cursos internacionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con Turismo de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder