Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de outubro de 2015

    A empresa portuguesa Priberam presentou a nova versión do software lingüístico FLIP (Ferramentas para a Lingua Portuguesa) co fin de conmemorar os 20 anos do seu primeiro lanzamento.

    Fonte: BIT

    29 de outubro de 2015

    O Senado de Francia rexeitou o proxecto de lei que pretendía mudar a Constitución francesa para poder ratificar a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

    Fonte: Nationalia

    28 de outubro de 2015

    O IES Marco do Camballón puxo en marcha o Concurso de Fotografía Boina de Ouro, que busca fomentar o uso da boina como accesorio de moda, vincular o galego ás últimas tendencias e promover o emprego desta lingua na comunicación social en rede.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    28 de outubro de 2015

    Debido ao grande interese que o éuscaro esperta no Xapón, o Instituto Cervantes de Tokio iniciou o primeiro curso desta lingua que se celebra nun centro de Asia.

    Fonte: Deia

    28 de outubro de 2015

    Comeza unha nova tempada de programas Mintzalagun nos que o curso pasado participaron 6000 euscaldúns, tanto na modalidade presencial coma en liña.

    Fonte: Deia

    28 de outubro de 2015

    A representante deste partido no Concello ferrolán pide que se derrogue o artigo da ordenanza de normalización lingüística que proclama o galego como lingua oficial da institución.

    Fonte: InfoLibre

    28 de outubro de 2015

    Este sindicato argumenta que o decreto para o plurilingüismo vai en detrimento da presenza do galego, que se reduce a un terzo do horario.

    Fonte: Galicia Confidencial

    27 de outubro de 2015

    O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México (INALI) e a Secretaría de Políticas Lingüísticas da República de Paraguai asinaron un convenio de cooperación para fomentar e protexer o patrimonio cultural e lingüístico dos seus pobos indíxenas.

    Fonte: Terra

    27 de outubro de 2015

    A Universidade Intercultural de Puebla acolleu membros do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas de México e outros expertos para consensuar a normativización do idioma totonaco, falado nos estados mexicanos de Veracruz e Puebla.

    Fonte: Terra

    27 de outubro de 2015

    A Confederación de Comercio de Cataluña entrega estes premios co obxectivo de recoñecer o esforzo dos galardoados do sector comercial por promover o uso do catalán.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder