Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2015

    A Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven a iniciativa ‘Filgueira Valverde na cultura galega do século XX’, que se realizará os días 10, 11, 24, 26 e 27 de novembro na capital galega e nas cidades da Coruña e de Pontevedra.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de novembro de 2015

    O peso histórico da lingua portuguesa constitúe un obstáculo para a aprendizaxe das linguas nacionais de Angola. O Goberno angolano quere aprobar un proxecto que introduza o ensino das linguas nacionais na escola primaria.

    Fonte: RTP

    04 de novembro de 2015

    O grupo estadounidense de ensino Education First considera que Portugal é un dos países do mundo onde máis medrou nos últimos anos o dominio da lingua inglesa.

    Fonte: Púbico

    03 de novembro de 2015

    Nesta edición o certame OUFF- Escola recibiu un total de 126 películas en lingua galega realizadas por estudantes.

    Fonte: Faro de Vigo

    03 de novembro de 2015

    A iniciativa “Euskara Taldea” está a recoller sinaturas na plataforma Change.org para conseguir que se Netflix ofrece contidos en catalán tamén o faga en éuscaro.

    Fonte: Pamplona Actual

    03 de novembro de 2015

    A Deputación de Pontevedra apoia a posta en marcha dun servizo de normalización lingüística común para os concellos da comarca do Morrazo.

    Fonte: Noticieiro Galego

    03 de novembro de 2015

    Son varias as asociacións que asinaron un manifesto para reclamarlle ao Goberno de Aragón un modelo común de lingua aragonesa e unha autoridade lingüística para a formación dun idioma gráfico "baseado na etimoloxía" e que reforce "as variedades referenciais".

    Fonte: Aragón Digital

    03 de novembro de 2015

    O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou o recurso da Delegación do Goberno e deulle a razón ao Concello de Irura que enviou información só en éuscaro.

    Fonte: EiTB

    03 de novembro de 2015

    A segunda edición deste wikimaratón celebrarase o 7 de novembro, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.

    Fonte: Código Cero

    03 de novembro de 2015

    O emprego da lingua catalá descendeu de xeito notable na última década entre a poboación das illas, unha media de 8,2 puntos porcentuais.

    Fonte: Menorca Local

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder