Santander acolle a presentación da asociación Alcuentru cuxa finalidade é a defensa e a promoción do patrimonio lingüístico de Cantabria.
Fonte: El Faradio
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Santander acolle a presentación da asociación Alcuentru cuxa finalidade é a defensa e a promoción do patrimonio lingüístico de Cantabria.
Fonte: El Faradio
Un artigo do xornal británico Independent mostra a porcentaxe no uso das linguas estranxeiras de cada país europeo. Os países que máis linguas falan son os luxemburgueses, os neerlandeses e os eslovenos.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un grupo de investigadores da Universidade Federal de Tocantíns (Brasil) presentou con motivo dos Xogos Mundiais dos Pobos Indíxenas unha aplicación que permite traducir linguas indíxenas ao portugués.
Fonte: Universia
A Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha unha campaña nas redes sociais co hashtag #EnGalegoOpino para que o portal de viaxes TripAdvisor permita as opinións escritas en lingua galega.
Fonte: Sermos Galiza
O Goberno de Aragón vai impulsar a posta en marcha dun programa piloto para que o aragonés se converta en lingua vehicular nalgúns colexios e institutos públicos da comunidade autónoma.
Fonte: ABC
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou o Día da Ciencia en Galego cunha actividade de dinamización lingüística dirixida a alumnado de Primaria no Museo de Historia Natural Luís Iglesias da Universidade de Santiago.
Fonte: Xunta de Galicia
Trátase da cuarta edición destes premios que recoñecen o labor de empresas que fan un uso cotián do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un estudo realizado pola Oficina do Censo dos Estados Unidos de América entre os anos 2009 e 2013 mostra que máis de 60 millóns de cidadáns estadounidenses falan como primeira lingua un idioma diferente ao inglés.
Fonte: TIME
A Escola Politécnica da Universidade de São Paulo prevé ofrecer estudos de enxeñaría en tres linguas estranxeiras (portugués, inglés e francés) co obxectivo de formar profesionais cun perfil máis internacional.
Fonte: Globo
O Pleno do Parlamento modificou esta lei coa anulación das modificacións da pasada lexislatura para recuperar o consenso perdido. Desta maneira, o catalán volve ser un requisito no acceso á Administración.
Fonte: Mallorca Diario
Subscríbase ao boletín