Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de xullo de 2015

    O sábado 25 de xullo, Día de Galicia, o Panteón de Galegos Ilustres acolle a Misa de Rosalía, en honor á poetisa compostelá, unha eucaristía que se celebra en galego desde 1965.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xullo de 2015

    A Xunta de Galicia, por medio das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, vén de poñer en marcha a quinta edición do programa de dinamización lingüística ‘O galego campa!’.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xullo de 2015

    A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco comezou a segunda edición do proxecto Poziktibity, unha iniciativa que busca fomentar o uso do éuscaro dun modo diferente.

    Fonte: EiTB

    23 de xullo de 2015

    Os 63 000 euros destinaranse á Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, co obxectivo de fomentar o éuscaro na cidade de Vitoria.

    Fonte: ABC

    23 de xullo de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na entrega de premios que outorga Feiraco, en colaboración coa Consellería, con motivo da cuarta edición do concurso ‘Relatos breves Letras Galegas 2015’, un certame de microrrelatos en galego a través do Facebook.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de xullo de 2015

    O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, manifestou a súa aposta pola promoción da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia.

    Fonte: La Opinión de A Coruña

    23 de xullo de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, presentaron a nova versión galega de dous documentos mediante os que os viaxeiros que fan o Camiño acreditan a súa peregrinación a Compostela: a Credencial do peregrino e o Certificado de distancia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de xullo de 2015

    O departamento de turismo da cidade de París lanzará unha aplicación para móbiles que lles permitirá aos turistas atopar establecementos onde falen a súa lingua nativa.

    Fonte: Pure Viagem

    22 de xullo de 2015

    Soamente un de cada catro aspirantes consegue os certificados de coñecemento do éuscaro, polo que desde o PSE-EE solicitan que se revise o contido e o enfoque das probas que se realizan para logralos.

    Fonte: El País

    22 de xullo de 2015

    Baixo o lema "Al mercat en català", esta campaña proporcionaralles aos vendedores ambulantes de Cataluña vocabularios en catalán sobre a venda ambulante.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder