Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de agosto de 2013

    O texto pretende a modificación do artigo 1 do Estatuto especial da illa e afirma que "no territorio de Sardeña o sardo é a lingua propia e igualada ao italiano" e que os seus habitantes "teñen dereito de coñecer e usar ambas as linguas".

    Fonte: Sardegna Oggi

    23 de agosto de 2013

    Dúas actividades de dinamización lingüística coas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a impulsar a lingua de Galicia nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia continúan co seu itinerario durante o verán.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de agosto de 2013

    Xa hai tempo que os franceses utilizan regras para defender a súa lingua do inglés, principalmente en anuncios publicitarios.

    Fonte: Observatório da Imprensa

    22 de agosto de 2013

    Varios días á semana, un grupo de cordobeses e estranxeiros residentes na cidade imparten clases solidarias de idiomas a todo aquel que se queira unir e aprende unha nova lingua. A única premisa: querer aprender ou ensinar un idioma sen intercambio algún de diñeiro.

    Fonte: El Diario

    22 de agosto de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a programar actividades de dinamización lingüística destinadas ao tempo de lecer unha semana máis, con 'Rosalía Pequeniña' e 'Peter Punk'.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de agosto de 2013

    A Universidade Rovira i Virigili e a Universidade de Xirona lideran a clasificación de centros universitarios nos que máis clases se dan en catalán, co 94,3 % e o 93 % da súa docencia neste idioma, respectivamente, no curso 2011-2012. Así o recolle un informe da Xarxa Vives de Universitats, que tamén indica que as universidades catalás concentran a maior porcentaxe de clases neste idioma.

    Fonte: Europa Press

    22 de agosto de 2013

    O árabe, o inglés e o tailandés son os idiomas máis demandados durante o primeiro semestre deste ano no servizo de teletradución instalado pola Secretaría Xeral da Igualdade en máis de 70 entidades de atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de agosto de 2013

    As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar seguen a promover o galego nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia mediante 'O galego campa!'.

    Fonte: Xunta de Galicia

    21 de agosto de 2013

    O secretario dos xulgados de Vinaroz (Castelló) esixe unha copia traducida ao castelán das demandas que se presentan en catalán,segundo denunciaron os avogados das Terras do Ebro. Do contrario, advírteselles aos avogados de que os seus escritos non serán admitidos, como se constata desde o Colexio de Avogados de Tortosa.

    Fonte: Las Provincias

    21 de agosto de 2013

    A partir do próximo curso académico, os alumnos poderán obter por primeira vez a titulación de Nivel C1 nas escolas oficiais de idiomas de Aragón. Este título equivale ao nivel avanzado superior, onde o estudante entende case todo do idioma seleccionado, ata as expresións idiomáticas e, salvo erros ocasionais, o seu nivel achégase ao da lingua materna, ata en situacións de maior complexidade.

    Fonte: El Periódico de Aragón

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder