Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de agosto de 2013

    Un proxecto de investigación de dous anos de duración desvelou uns manuscritos da época colonial que achegan información sobre 100 linguas indíxenas de Australia. Os resultados obtidos na investigación axudarán a preservar as culturas orixinarias.

    Fonte: The Guardian

    28 de agosto de 2013

    O Goberno balear quixo dar fin á polémica pola versión en inglés da páxina web do Ibanat (Instituto Balear da Natura) e fíxoo de forma fulminante: a tradución automática da web desapareceu e agora só pode consultarse en catalán e castelán. Tamén foron desactivadas as versión en alemán e francés.

    Fonte: Diario de Mallorca

    28 de agosto de 2013

    Estranxeiros, persoas procedentes doutras comunidades e galegos que desexen perfeccionar o idioma terán a oportunidade de asistir a un curso de conversación que organiza Raxoi.

    Fonte: El Correo Gallego

    28 de agosto de 2013

    A cidade de Pontevedra acollerá os días 30 e 31 de agosto a primeira edición do festival 'Brinca na Praza', que inundará de rock en galego a Praza do Teucro.

    Fonte: Europa Press

    28 de agosto de 2013

    O catálogo editado pola Xarxa Vives para establecer un estándar do catalán provocou a reacción do Goberno. Fontes do Executivo valenciano lembraron que o pleno de Goberno aprobou hai unas semanas un acordo que insta ás universidades valencianas a utilizar o termo «lingua valenciana», tanto nas súas «actividades académicas» coma «en xeral no normal desenvolvemento da súa actuación docente, investigadora e de transferencia de coñecementos».

    28 de agosto de 2013

    A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o idioma galego é “o grande ausente do Pantín Classic”, que celebra a súa edición número 26.

    Fonte: Ferrol 360

    27 de agosto de 2013

    O Reino Unido rexistrou un novo descenso no número de alumnos que estudan linguas estranxeiras durante o último ano da educación secundaria. As cifras actuais mostran unha baixada do 9,9 % en francés e un 11,1 % en alemán, mentres que o español rexistra un incremento do 4,1 %.

    Fonte: The Independent

    27 de agosto de 2013

    A Universidade de Rennes 2 acaba de asinar un acordo co departamento de linguas e literaturas celtas da famosa Universidade de Harvard para ofrecer seminarios de lingua bretoa de xeito regular.

    Fonte: La Tribune

    27 de agosto de 2013

    Con máis de 150 linguas faladas por unha poboación de 480 000 habitantes, Manchester é a cidade coa máis forte diversidade lingüística do Reino Unido, ou mesmo do mundo, polo menos en comparación con outros centros urbanos de dimensión comparable. Un verdadeiro babel, onde catro de cada dez residentes falan varias linguas, algunhas moi raras.

    Fonte: Presseurop

    27 de agosto de 2013

    As polémicas máquinas de información turística non superarían os criterios do decreto de tratamento integral de linguas, xa que obvian un dos idiomas cooficiais da comunidade autónoma: o catalán. Ao iniciar a sesión no aparato, móstranse catro botóns que permiten cambiar a visualización da información ao castelán, inglés, alemán ou ruso. Ningún outro idioma máis: nin catalán, nin francés, nin italiano, nin chinés.

    Fonte: Diario de Mallorca

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder