Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de setembro de 2013

    A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova están a ultimar os preparativos para a entrega do XXIX Premio Celanova, Casa dos Poetas, que se celebra o día 8 de setembro. O galardón entregarase este ano ao operador galego de telecomunicacións R pola súa aposta firme a prol da lingua galega.

    Fonte: Código Cero

    03 de setembro de 2013

    Un grupo de eibarreses trata de formar un grupo amplo de voces para cantar cancións en éuscaro. En principio, non existía en Eibar grupo ningún específico dedicado a cantar cancións en éuscaro e agora baixo o nome Eibar Kantu Zaleak trátase de reunir os amantes dos temas musicais vascos, de cara á formación deste primeiro grupo.

    Fonte: Diario Vasco

    03 de setembro de 2013

    As persoas desempregadas que estean empadroadas en San Sebastián poderán realizar cursos gratuítos de éuscaro o próximo curso, grazas ás subvencións do Servizo de Éuscaro do Concello donostiarra.

    Fonte: Diario Vasco

    02 de setembro de 2013

    O Goberno de Nunavut, en Canadá, está tomando medidas para preservar as linguas árticas, xa que o inuktitut, en todas as súas formas dialectais, está facendo grandes esforzos por sobrevivir no mundo globalizado actual de teléfonos intelixentes e música pop.

    Fonte: The Star

    02 de setembro de 2013

    Un estudo mostra que empregar un galés de uso máis corrente na radio e televisión pode incrementar a confianza dos falantes. O medo a falar incorrectamente é unha das razóns principais polas que as persoas deixan de falar galés.

    Fonte: BBC

    02 de setembro de 2013

    O curso pasado o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón a varios sindicatos e entidades como A Mesa pola Normalización Lingüística ou a Real Academia Galega nos recursos que presentaran contra o decreto do plurilingüismo no ensino.

    Fonte: La Voz de Galicia

    02 de setembro de 2013

    Este programa, posto en marcha polo Concello de Irún e os centros escolares, fusiona o deporte e o éuscaro e está destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

    Fonte: Diario Vasco

    02 de setembro de 2013

    Unha marcha humana composta por preto de 200 persoas enlazou os principias símbolos de Artà nun acto en defensa da cultura e lingua catalás.

    Fonte: Diario de Mallorca

    31 de agosto de 2013

    Por primeira vez en 40 anos e a partir do ano que vén, os alumnos de Myanmar poderán aprender por medio das súas linguas étnicas en escolas públicas.

    Fonte: DVB

    31 de agosto de 2013

    Unha organización benéfica lanzou un proxecto que ofrece materiais educativos en lingua galesa para nenos con problemas de aprendizaxe. Na presentación do proxecto participaron dúas actrices da canle pública de televisión S4C.

    Fonte: Daily Post

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder