Os gobernos de México e do Perú asinaron un convenio de cooperación interinstitucional para compartir información sobre investigación, conservación e promoción de linguas indíxenas, algunhas en perigo de desaparecer.
Fonte: Rotativo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Os gobernos de México e do Perú asinaron un convenio de cooperación interinstitucional para compartir información sobre investigación, conservación e promoción de linguas indíxenas, algunhas en perigo de desaparecer.
Fonte: Rotativo
En Francia, o chinés é a quinta lingua máis ensinada no sistema educativo: en 2012 máis de 33 000 estudantes escolleron esta lingua en secundaria. No mundo empresarial, a tendencia continúa en alza e mesmo se está convertendo nunha importante baza para conseguir emprego.
Fonte: Jol Presse
Desde a Xunta pola Defensa de la Llingua manifestan que “esta situación de recorte xeneralizado se ceba co ensino da lingua asturiana que vai minguar as xornadas completas do profesorado nun 40 %. Da mesma forma, a redución das xornadas á metade sobe un 80 %, coa consecuente precarización das condicións laborais.
Fonte: Infoasturies
A Junta de Castela e León aprobou a prórroga do contrato de servizo de asistencia mediante intérpretes de lingua de signos nos centros educativos públicos con alumnos con discapacidade auditiva da Comunidade. O importe correspondente é de 390 936 euros para contratar o número de profesionais necesarios para completar 26 xornadas completas de cara ao próximo curso 2013-2014.
Fonte: La Opinión de Zamora
O Trivial da Terra de Melide é unha aplicación para smartphones e tablets co sistema operativo Android totalmente de balde e recolle 200 preguntas sobre o medio, a cultura e a sociedade, a arte, a historia e os personaxes célebres dos concellos de Melide, Toques e Santiso.
Fonte: Código Cero
A Oficina da Lingua Inuktitut, por medio da súa representante, Sandra Inutiq, aproveitou a visita do primeiro ministro canadense Stephen Harper ao territorio de Nunavut para pedir máis financiamento para axudar a inverter a tendencia de perda de falantes da lingua inuktitut.
Fonte: Nunatsiaq Online
O motor de busca Google conta xa con 71 linguas no seu servizo de tradución automática Google Tradutor e proximamente incluirá novos idiomas africanos: zulú, hausa, igbo, somalí e iorubá.
Fonte: IT News Africa
A Federación Rexional de Estudantes Murcianos solicitoulle á Consellería de Educación da Rexión de Murcia unha maior esixencia no coñecemento de inglés dos profesores que imparten programas bilingües nos centros educativos co fin de que teñan o nivel C1 do marco europeo de linguas.
Fonte: Aprende Más
Tres mozos comunicaron incidentes de discriminación e abuso físico por falar catalán no festival de música Arenal Sound na Comunidade Valenciana. Ao igual que en Cataluña, o español e o catalán son linguas oficiais na Comunidade Valenciana.
Fonte: Global Voices Online
O diario The Guardian e a Academia Británica traballan nunha campaña que iniciará un debate sobre a importancia do ensino das linguas estranxeiras no Reino Unido.
Fonte: The Guardian
Subscríbase ao boletín