Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de febreiro de 2013

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recibiu a unha delegación conformada por representantes de organizacións de India para abordar as posibilidades de colaboración entre Galicia e India, en especial nas áreas de aprendizaxe de linguas, formación profesional e programas educativos europeos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de febreiro de 2013

    O secretario de Estado de Xustiza, Fernando Román, asegurou que está de acordou con que se debe normalizar o uso do catalán na Administración de Xustiza, pero negou que o Goberno central poida adoptar medidas encamiñadas a incrementar o número de sentenzas que se ditan nesa lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    27 de febreiro de 2013

    O novo portal de intercambio de arquivos, Mega, xa está dispoñible en 32 idiomas distintos, entre os que se inclúe o catalán. Despois de seis semanas de vida e grazas á colaboración dos usuarios do servizo, Mega está dispoñible en novos idiomas.

    Fonte: Yahoo Finanzas

    27 de febreiro de 2013

    O Concello escocés de Angus presentou o primeiro programa de protección da lingua gaélica que fixa as aspiracións en materia lingüística para os próximos cinco anos. O obxectivo é contribuír á visión do Goberno escocés á hora de garantir un futuro para a lingua.

    Fonte: The Courier

    26 de febreiro de 2013

    Entre todas as linguas faladas polos pobos indíxenas no Brasil algunhas corren o risco de desaparecer, segundo mostra un estudo realizado en novembro de 2012.

    Fonte: Terra

    26 de febreiro de 2013

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca o concurso Imaxina Cantares!. A iniciativa, dirixida aos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino galegos de titularidade pública, enmárcase nas accións coas que a Xunta de Galicia se suma á conmemoración do 150.º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, obra inaugural do Rexurdimento galego.

    26 de febreiro de 2013

    O Instituto Etxepare publicou en éuscaro, inglés e, por primeira vez, en francés, o libro Danza vasca, de Oier Araolaza, unha obra de divulgación sobre as manifestacións “máis vivas” da danza en Euskadi.

    Fonte: ABC

    26 de febreiro de 2013

    O obxectivo é atraer estudantes estranxeiros á capital burgalesa ofrecendo un servizo “de excelencia” achegando axuda en todo o que se refire a trámites burocráticos para a estancia na cidade, áreas de aloxamento en Burgos, información sobre cursos adicionais que poidan interesar ao alumno así como datas de exames e dispoñibilidade dos fondos bibliográficos dos que dispón para o estudo do idioma no Instituto.

    26 de febreiro de 2013

    Os tibetanos marcaron unha data especial no calendario para promover o uso da lingua tradicional tibetana en China, reivindicando un uso sen influencias do chinés co fin de recuperar a identidade tibetana.

    Fonte: Radio Free Asia

    25 de febreiro de 2013

    O congreso nacional das Xuventudes Socialistas aprobou por unanimidade unha moción titulada "O Mirandés" co fin de garantir a preservación da segunda lingua oficial en Portugal.

    Fonte: DN

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder