Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de outubro de 2012

    Iniciativa polo Asturiano fixo chegar ao concelleiro de Cultura, Educación e Festas de Xixón, Carlos Rubiera, o seu descontento sobre o uso do asturiano por parte do concello.

    Fonte: Asturnews

    17 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove Con barqueira e remador, o primeiro obradoiro internacional de tradución poética que acollerá Galicia entre o 29 de outubro e o 3 de novembro na Illa de San Simón.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de outubro de 2012

    A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito desenvolverá un obradoiro que ligará a utilización da lingua galega co desenvolvemento de habilidades comunicativas orais e a iniciación na natureza, instrumentos, límites e fins da argumentación xurídica aos futuros/as profesionais.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    17 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón un percorrido pola vida e pola obra de Valentín Paz-Andrade a través dunha exposición multimedia sobre o escritor e empresario, que pode visitarse na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de outubro de 2012

    Obter no móbil a predición meteorolóxica para calquera punto de Galicia ou da súa costa é moi sinxelo grazas á aplicación MeteoSIX Mobile, dispoñible para os teléfonos intelixentes e tabletas cos sistemas Android e iOS (iPhone e iPad) e que ademais conta cun menú en galego, castelán e inglés.

    Fonte: Cesga

    16 de outubro de 2012

    O Museo de Arte Iconográfica de Allariz vén de estrear un novo servizo gratuíto de signoguías, unha ferramenta pioneira no panorama dos centros de arte galegos e que quere achegar o museo ás persoas con discapacidade auditiva, dándolles autonomía ao longo da visita.

    Fonte: Código Cero

    16 de outubro de 2012

    O New York Times lanzará unha páxina web en portugués o próximo ano como parte dos seus plans de expansión mundial cara a Brasil.

    Fonte: The Herald Sun

    16 de outubro de 2012

    Miguel Madariaga, presidente da Fundación Ciclista Euskadi, e Iñigo Urretxua, membro desta entidade, viaxarán á localidade italiana de Udine, para formar parte nun encontro europeo sobre diversidade lingüística e deporte ofrecendo unha charla baixo o título ‘Nuestro trabajo-Gure lana’.

    Fonte: Europa Press

    16 de outubro de 2012

    A Universidade de Oviedo acaba de pór en liña a tese de doutoramento de Xuan Santori Vázquez, titulada “O papel dos escritores do Rexurdimento na recuperación do asturiano: a visión do escritor”. Trátase dunha tese redactada en asturiano que puido facer todos os trámites, por primeira vez, nesta lingua.

    Fonte: Asturnews

    16 de outubro de 2012

    En contra do que se podería esperar, a libre elección de lingua para aprender a ler e escribir en castelán non inclinou a balanza a favor da lingua de Cervantes, nin sequera nos centros con máis inmigración.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder