O Consello Asesor de RTVE en Galicia e mais a CRTVG veñen de convocar unha nova edición do Premio de Publicidade en Galego, a número 20.
Fonte: Código Cero
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Consello Asesor de RTVE en Galicia e mais a CRTVG veñen de convocar unha nova edición do Premio de Publicidade en Galego, a número 20.
Fonte: Código Cero
O Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española (CNLSE) anunciou que “aplaude” que a cerimonia de entrega dos premios Goya 2013 se retransmita en directo en lingua de signos española a través da web de RTVE.
Fonte: Crónica Social
O Concello de Manacor aposta forte polo catalán como ferramenta comunicativa e cultural. Proba disto foi a presentación das convocatorias aos Premios Ciutat de Manacor 2013, que programou ata catro galardóns de creación literaria, distribuídos nas categorías de novela, poesía, teatro e ensaio, dotados de 5000 euros o primeiro e 3000 os tres seguintes, “para así poder facerse eco por todos os Países Cataláns”.
Fonte: Diario de Mallorca
A Fundación Elhuyar creou un portal de corpus web e púxoo a disposición dos usuarios, que encontrarán nel tres recursos: un corpus monolingüe de éuscaro, que contén 125 millóns de palabras; un corpus paralelo éuscaro-castelán, que conta con 18 millóns de palabras; e as combinacións de palabras extraídas automaticamente do corpus de éuscaro.
Fonte: Basqueresearch
Cerca de 200 intelectuais, artistas, políticos e docentes asinaron o manifesto "Chamamento polo Galego", no que lle piden ao presidente da Xunta que non recorra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do galego.
Fonte: Faro de Vigo
O compromiso de Microsoft coas distintas linguas do Estado é cada vez maior. Windows 8 estivo dispoñible en galego dende o mesmo día do seu lanzamento oficial e pola tradución do paquete ofimático de Microsoft apenas houbo que agardar 10 días, pois xa se publicaron os paquetes de idiomas de interface de Microsoft Office 2013 correspondentes ao galego, o catalán e o éuscaro.
Fonte: Código Cero
O presidente de Iniciativa polo Asturiano, Inaciu Galán, vai reunirse no Congreso dos Deputados en Madrid cos deputados da circunscrición asturiana para tratar cuestións “como a situación do asturiano coa nova reforma educativa, o uso da toponimia oficial asturiana nas estradas estatais e outras cuestións que afectan á lingua asturiana no ámbito estatal”.
Fonte: Asturnews
Segundo un estudo elaborado por Telefónica Digital, é primordial que os licenciados do Reino Unido saiban falar unha lingua estranxeira para poder acceder a empregos no sector dixital.
Fonte: HRmagazine
Nun intento por preservar linguas ameazadas, a Universidade de California en Berkeley (EUA) e a Universidade de British Columbia (Canadá) desenvolven un programa por computador que reconstrúe linguas antigas a partir dos seus descendentes modernos.
Fonte: Cnet
O aeroporto de Sá Carneiro do Porto fai publicidade en lingua galega para atraer pasaxeiros. O 13 % dos seus pasaxeiros xa é de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
Subscríbase ao boletín