Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de febreiro de 2013

    Moitas escolas e organizacións educativas de Haití están rompendo coa tradición de empregar o francés como única lingua de instrución co fin de frear a grave crise educativa que vive o país. A lingua crioula debería converterse na lingua de instrución, xa que é a única que todos os alumnos e profesores entenden e dominan realmente.

    Fonte: Newser

    08 de febreiro de 2013

    Un estudo analizou as competencias en comunicación lingüística en idiomas estranxeiros e en coñecemento e interacción co mundo físico dun total de 23 706 alumnos de 4º curso de Primaria e 2ª de Educación Secundaria (ESO), no que tamén tomaron parte 2463 profesores. Entre os datos concretos, no estudo sinálase que en Educación Primaria o 57,03 por cento dos alumnos estudados teñen unha competencia media-alta en comunicación lingüística en lingua estranxeira e un 32,73 media-baixa.

    08 de febreiro de 2013

    Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011) realizado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.

    Fonte: Xarxa CRUSCAT

    08 de febreiro de 2013

    Escocia precisará de máis financiamento e formación se quere continuar liderando o ensino en linguas estranxeiras. A oficina do British Council en Escocia declarou tamén que é primordial que as empresas recoñezan a importancia de ter coñecementos lingüísticos para a economía do país.

    Fonte: Stv News

    07 de febreiro de 2013

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos convoca, dentro do programa do Entroido 2013, un concurso de receitas típicas de Entroido para contribuír a promover a lingua galega na gastronomía durante estas festas.

    Fonte: Xornal de Betanzos

    07 de febreiro de 2013

    Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, participaron na celebración do 178.º aniversario do nacemento de Eduardo Pondal, na casa natal do bardo, en Ponteceso.

    Fonte: Xunta de Galicia

    07 de febreiro de 2013

    Os nenos bilbaínos teñen a posibilidade de achegarse ao mundo da cociña e, sobre todo, de practicar éuscaro máis alá das aulas. Isto é o que pretende o Concello de Bilbao cos talleres de cociña do programa Ikusi eta Ikasi, unha actividade que cumpre o seu terceiro ano e que, segundo explican os organizadores, está a ser un grande éxito.

    Fonte: Deia

    06 de febreiro de 2013

    Un grupo de presión a prol da lingua galesa, a Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg), publica anuncios nos medios de comunicación que animan a "vivir en galés" e nos que demanda cambios lexislativos despois de que o censo de 2011 mostrara un declive no uso desta lingua.

    Fonte: BBC

    06 de febreiro de 2013

    Máis de 20 000 persoas manifestáronse en Vukovar (Croacia) contra o proxecto de introdución do bilingüismo e do uso público do alfabeto serbocirílico en Croacia.

    Fonte: Ansa.it

    06 de febreiro de 2013

    O Concello de Xove, en colaboración coas entidades deportivas do municipio, está a desenvolver, desde o pasado mes de outubro de 2012, a campaña de dinamización lingüística "En galego enténdote, non cambies", deseñada para fomentar o uso do galego no ámbito do deporte e promover o mantemento do idioma entre a poboación galegofalante.

    Fonte: Prolingua

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder