Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    13 de febreiro de 2013

    Potenciar o uso do éuscaro entre os euscaldúns pasivos, fomentar a aprendizaxe entre quen aínda non coñece o idioma, sobre todo nos euskaltegis, e garantir de forma efectiva os dereitos lingüísticos da poboación falante de éuscaro tanto nos ámbitos formais (educación, servizos público, medios de difusión social) como nos informais (ocio, amizades, familia), preséntanse coma os obxectivos clave.

    Fonte: Deia

    13 de febreiro de 2013

    A Concellería de Educación e Cultura ten en marcha un programa de aprendizaxe da lingua e a cultura españolas para estranxeiros no que actualmente hai 27 grupos, cun total de 661 veciños procedentes doutros países que non falan español ou que o fan con dificultade.

    Fonte: Gente Digital

    12 de febreiro de 2013

    A lingua española non está en risco polo uso masivo de internet ou as redes sociais, afirmou o delegado da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA) en Colombia, Fernando Ávila, na presentación do libro Escribir en internet. Guía para los nuevos medios y las redes sociales.

    Fonte: LaRepública

    12 de febreiro de 2013

    O estudo das linguas abre as portas para accedermos a outras culturas e comunicármonos. Ademais, as linguas tamén poden ser preciosas ferramentas para a reinserción social de persoas que cumpren penas de prisión.

    Fonte: Rfi português

    12 de febreiro de 2013

    O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración cunha ducia de medios de comunicación, convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame xa consolidado que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

    12 de febreiro de 2013

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, fai 20 anos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de febreiro de 2013

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, organiza, en colaboración coa Asesoría de Ensino de Lingua Asturiana e seguindo coas iniciativas de uso, promoción lingüística e apoio ao labor educativo, a Axenda Didáctica Escolar.

    Fonte: Asturnews

    12 de febreiro de 2013

    Nafarroa Bai, Bildu, Aralar e Esquerda-Ezkerra de Pamplona presentaron unha moción conxunta para instar o Goberno de Navarra a que “coa maior brevidade”, solicite ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo “a ampliación do número de licenzas destinadas á demarcación de Pamplona, de forma que poida garantirse que, polo menos, unha delas sexa concedida a unha radio con programación íntegra en éuscaro".

    11 de febreiro de 2013

    Nova Zelandia terá unha economía máis forte se a lingua maorí se ofrece de maneira obrigatoria en todas as escolas de fala inglesa. "Está suficientemente demostrado que os nenos que aprenden a lingua nativa se desenvolven mellor na vida que aqueles que só aprenden inglés", declara Awanui Black, voceira da asociación a prol da lingua Nga Kaikokiri Matauranga.

    Fonte: Voxy.com.nz

    11 de febreiro de 2013

    Segundo algúns autores que participaron no festival literario de Jaipur, a literatura en linguas indias está experimentando unha expansión moito máis importante do esperado.

    Fonte: Hindustan Times

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder