O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, fai 20 anos.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, fai 20 anos.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, organiza, en colaboración coa Asesoría de Ensino de Lingua Asturiana e seguindo coas iniciativas de uso, promoción lingüística e apoio ao labor educativo, a Axenda Didáctica Escolar.
Fonte: Asturnews
Nafarroa Bai, Bildu, Aralar e Esquerda-Ezkerra de Pamplona presentaron unha moción conxunta para instar o Goberno de Navarra a que “coa maior brevidade”, solicite ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo “a ampliación do número de licenzas destinadas á demarcación de Pamplona, de forma que poida garantirse que, polo menos, unha delas sexa concedida a unha radio con programación íntegra en éuscaro".
Nova Zelandia terá unha economía máis forte se a lingua maorí se ofrece de maneira obrigatoria en todas as escolas de fala inglesa. "Está suficientemente demostrado que os nenos que aprenden a lingua nativa se desenvolven mellor na vida que aqueles que só aprenden inglés", declara Awanui Black, voceira da asociación a prol da lingua Nga Kaikokiri Matauranga.
Fonte: Voxy.com.nz
Segundo algúns autores que participaron no festival literario de Jaipur, a literatura en linguas indias está experimentando unha expansión moito máis importante do esperado.
Fonte: Hindustan Times
O proxecto de lei sobre a descentralización das canles de televisión estase aplicando pouco a pouco. A finais de febreiro, a dirección da canle France 3, o Consello Rexional da Bretaña e o Estado francés decidirán o futuro do servizo público audiovisual. Na Bretaña as concentracións sucédense para reclamar unha canle de televisión pública bilingüe, seguindo o modelo da Via Stella en lingua corsa.
Fonte: 44breizh
Un grupo de alumnos e profesores da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ferrol visitou o complexo industrial de Sogama en Cerceda no marco dun proxecto educativo no que participan quince docentes do centro, orientándoo a un milleiro de estudantes e as súas familias. O obxectivo non é outro que potenciar e expandir o uso do galego entre os membros da comunidade.
Fonte: Ecoticias
Segundo contan os membros da asociación Trasno, responsables da adaptación ao galego de moitas ferramentas, xa temos ao alcance da man a versión 4.10 do paquete da contorna libre KDE SC.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde do 5 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O LibreOffice 4.0, paquete de ferramentas ofimáticas libre, tamén está dispoñible de balde en galego.
Fonte: Código Cero
Subscríbase ao boletín