Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva ao Pereiro de Aguiar o espectáculo de dinamización lingüística "O Señor das dunas", no marco da participación deste concello na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e do programa FalaRedes.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de outubro de 2012

    Coincidindo co centenario da súa morte, a Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo tratan de pór en valor a figura do escritor mindoniense, Manuel Leiras Pulpeiro, por medio dunhas xornadas de poesía.

    Fonte: Crónica3

    22 de outubro de 2012

    As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo da Universidade de Santiago organizan conxuntamente o foro "Proxéctate en galego", un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade para o emprendemento, para a ciencia e para a comunicación entre as persoas.

    Fonte: USC

    22 de outubro de 2012

    Ben porque esperan que noutros países falen un pouco de inglés ou simplemente por pura vagancia, unha enquisa recente de viaxeiros europeos revelou que só o 11 % dos británicos pode falar outras linguas con fluidez. Porén, sorprende aínda máis o feito de que o 22 % non poida articular unha única palabra noutro idioma.

    Fonte: The Telegraph

    22 de outubro de 2012

    Unha serie de proxectos céntrase nos nenos pequenos nun esforzo por revitalizar a lingua lakota, falada pola tribo nativa americana sioux en Dakota do Norte e Dakota do Sur.

    Fonte: Seattle Times

    22 de outubro de 2012

    Aínda que o mal o tempo reduciu a participación, foron miles as persoas que non dubidaron en participar na festa en favor das ikastolas e que puideron gozar dos numerosos actos organizados.

    Fonte: ABC

    22 de outubro de 2012

    O Instituto de Cultura de Barcelona (ICUB) asinou un convenio marco de colaboración co Consello Xeral de Arán para promover a cultura e a lingua aranesa na capital catalá.

    Fonte: ABC

    19 de outubro de 2012

    A Área de Catalán da Universidade de Santiago de Compostela convida a participar no programa académico PARELLÆS de intercambio lingüístico e cultural galego-catalán entre estudantes da Universidade de Santiago de Compostela que falen galego ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.

    Fonte: USC

    19 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da VIII Xornada de Normalización Lingüística organizada pola Federación de Escolas Católicas de Galicia (FEREGA-CECA).

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de outubro de 2012

    A tradución d'O principiño ao otomí promoverá e fomentará que varios rapaces que xa non len na súa propia lingua volvan facelo.

    Fonte: El Punto Crítico

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder