Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na localidade bergantiñá de Ponteceso outra nova iniciativa recollida na programación de actividades para o ano 2012, aprobada polo Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) o pasado decembro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de setembro de 2012

    A vicerreitora de Docencia e Relacións Internacionais, Fátima Guadamillas, anunciou que durante o presente curso académico o centro ampliará a súa oferta docente cun programa formativo dedicado á lingua turca.

    Fonte: Diario Crítico

    03 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inicia o mes de setembro coa posta en marcha da segunda fase de desenvolvemento do programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado polo departamento dirixido por Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dará continuidade nos tres próximos cursos académicos á proxección da lingua galega, tanto no resto do Estado español coma no estranxeiro, a través da sinatura de acordos de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de setembro de 2012

    Por primeira vez en case 20 anos, as clases de educación infantil en Behchoko (Territorios do Noroeste) ofrécense en tlicho yati, a lingua dos habitantes da primeira nación tlicho. Con isto, os pais esperan que os seus fillos conecten coa súa cultura. Case 30 rapaces uníronse á inmersión en educación infantil, máis do dobre do esperado.

    Fonte: CBC News

    03 de setembro de 2012

    Vén de poñerse en marcha o blog Navegar en Galego co obxectivo de ofrecer consellos prácticos e descargas de utilidade para as persoas que queiran mudar o idioma do seu navegador.

    Fonte: Praza Pública

    03 de setembro de 2012

    A comunidade portuguesa en Xenebra lanzou por primeira vez unha petición para que a lingua portuguesa sexa integrada no ensino postobrigatorio deste cantón suízo.

    Fonte: Sic Noticias

    03 de setembro de 2012

    Javier, Pablo, Nadia e Óscar teñen arredor de vinte e cinco anos e son usuarios das redes sociais. Precisamente esas dúas características son as que conflúen no seu proxecto “Vintecinco.com”, unha rede social en galego que están a desenvolver.

    Fonte: Culturagalega.org

    03 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora seis novos docentes de lingua, literatura e cultura galegas aos lectorados dependentes do departamento dirixido por Vázquez Abad en universidades españolas e estranxeiras.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de setembro de 2012

    O número de vascos que realizou un curso de idiomas no estranxeiro aumentou un 20 % respecto ao verán de 2011, con preto de 6000 persoas que fixeron un durante as vacacións deste ano.

    Fonte: Diario Vasco

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder