A vida e a obra de Valentín Paz-Andrade chegan a Pontevedra a través dunha exposición multimedia promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A vida e a obra de Valentín Paz-Andrade chegan a Pontevedra a través dunha exposición multimedia promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), adscrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi a anfitrioa da xuntanza científica que desenvolve con periodicidade anual en Galicia a Rede Temática de Literaturas Infantís e Xuvenís do Ámbito Ibérico e Iberoamericano.
Fonte: Xunta de Galicia
A dirección de Educación Indíxena prepara un programa de reforzo de lingua maia como parte do seu ensino para o período 2012-2013. Tamén haberá un reforzo do coñecemento sobre o tema nos docentes para que poidan aplicar o programa cos estudantes.
Fonte: Sipse
Un estudo demostrou que os rapaces bilingües de familias con poucos recursos teñen máis facilidade para dirixir e centrar a súa atención, en comparación cos nenos monolingües.
Fonte: Diário da Saúde
O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) abriu a matrícula do seu programa de cursos para o ano académico que comeza, no que ofertará cursos en 13 linguas, entre elas, como novidade, a lingua de signos.
Fonte: El Correo Gallego
O programa Redecinema foi presentado en Santiago de Compostela a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García.
Fonte: Xunta de Galicia
Canal Sur 2 emitirá, a partir de outubro, simplemente os contidos da primeira canle en lugar da súa propia programación, pero con subtitulación, lingua de signos e audiodescripción no caso das películas.
Fonte: Telecinco
O Pleno do Congreso debaterá e votará a iniciativa lexislativa popular ‘Televisión sen fronteiras’, que pretende que as cadeas autonómicas se poidan ver nas comunidades onde se comparta a mesma lingua.
Fonte: Europa Press
Un convenio de colaboración vai impulsar a creación, na Universidade Mohamed I de Oujda, dun centro de ensino de lingua e cultura españolas, que estará tutelado pola Universidade de Granada con apoio do Instituto Cervantes.
Fonte: Granada Hoy
Como tributo aos cen anos do cine indio, o Consello Nacional de Promoción da Lingua Urdú (NCPUL en inglés) está a desenvolver un programa informático para lograr unha pronuncia da lingua urdú o máis correcta e precisa posible.
Fonte: India Express
Subscríbase ao boletín