A escola irlandesa Law Society (Sociedade xurídica) recibirá o Selo Europeo das Linguas 2012 polo seu curso de irlandés xurídico.
Fonte: Irish Times
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A escola irlandesa Law Society (Sociedade xurídica) recibirá o Selo Europeo das Linguas 2012 polo seu curso de irlandés xurídico.
Fonte: Irish Times
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desprega durante a fin de semana unha manchea de actividades de promoción do galego destinadas ás entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
Unha coalición de organizacións de comunidades sudasiáticas lanzou unha campaña nacional apartidista, chamada Vote! (Votade!), en sete linguas do sur de Asia para impulsar o voto da comunidade nas eleccións que se celebrarán no país americano o 6 de novembro.
Fonte: Two Circles
A Xunta de Galicia pon en marcha a primeira edición dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica en liña de nivel superior, dirixidos a seguir capacitando lingüisticamente o persoal público.
Fonte: Xunta de Galicia
O Goberno de Navarra subvencionará 109 171 euros os programas de fomento do éuscaro desenvolvidos polas entidades locais durante o ano 2012.
Fonte: ABC
O director de Políticas Culturais da Xunta de Castela e León, José Ramón Alonso, destacou que «aínda que sinalaba que o sector do español estaba chegando ao tope na rexión, este creceu un 13,5 por cento con respecto ao ano pasado, polo que augurou que á comunidade lle queda moito por crecer».
Fonte: Diario de León
Noyo, unha compañía de software educativo con base en Boston, anuncia que o portugués será a lingua da súa próxima serie de material en lingua estranxeira, tras o éxito do lanzamento en español.
Fonte: redOrbit
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria daralle continuidade nos tres próximos cursos académicos á proxección da lingua galega na Universitat de Barcelona, na Universidade Federal de Bahía (Brasil) e na Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg (Alemaña), a través da sinatura de acordos de colaboración para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Os empregados de Parques de Canadá poden dicir “ola” e “adeus” aos visitantes nas dúas linguas, pero pásano mal cando teñen que proporcionar servizos bilingües adicionais nos parques nacionais e sitios históricos, segundo un informe.
Fonte: O Canada
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou un protocolo de colaboración coas comunidades de montes de Cabral, Comesaña, Candeán e Zamáns, ademais da Entidade Menor de Bembrive para recoller e poñer en valor a microtoponimia das parroquias da cidade.
Fonte: Concello de Vigo
Subscríbase ao boletín