Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo seu secretario xeral de Política Lingüística, reuniuse en Madrid cos responsables do Centro de Estudos da Universidade Complutense e do seu Lectorado de Lingua, Literatura e Cultura Galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Foz os Monólogos de serán, a nova iniciativa posta en marcha no marco da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

    Fonte: Xunta de Galicia

    12 de setembro de 2012

    Fomentar o uso da lingua valenciana a través da cultura popular e a literatura son os obxectivos do ciclo de conferencias organizadas pola Concellería de Normalización Lingüística de Novelda, en colaboración coa Universidade de Alacant.

    Fonte: El Periodic

    12 de setembro de 2012

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana asegurou que a conselleira de Educación, Ana González, adquiriu o compromiso, nunha reunión con esta organización, de crear a especialidade docente de lingua asturiana.

    Fonte: La Nueva España

    11 de setembro de 2012

    O obxectivo da campaña "Móllate polo galego" é aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego, concienciándoos sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico. A campaña está impulsada pola plataforma de medios en lingua galega Vitaminas para o Galego.

    Fonte: Praza Pública

    11 de setembro de 2012

    Segundo os datos do Departamento de Educación, inscribíronse máis de 17 000 persoas para facer alemán, 5000 máis que o ano pasado, para pouco máis de 8000 prazas dispoñibles. O incremento medio é do 30 %, aínda que hai centros nos que se chegou ata un 50 % máis de preinscritos.

    Fonte: La Vanguardia

    11 de setembro de 2012

    A Plataforma pola Lingua lanzou o Catavolta 2.0, un xogo dixital con preguntas sobre a lingua catalá e a súa situación social e legal. Pódese participar a través da web da entidade e tamén desde Facebook.

    Fonte: Gencat

    11 de setembro de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a nova versión do corrector de galego Imaxín Galgo 2.0.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de setembro de 2012

    A comisaria de Educación do Goberno de Lagos, Olayinka Oladunjove, informou de que o goberno introducirá o mandarín, ou lingua chinesa, no currículo das escolas públicas para o próximo ano.

    Fonte: The Nation

    11 de setembro de 2012

    A Embaixada de España en Estados Unidos premiou sete colexios do país pola súa contribución a reforzar o papel do español como primeira lingua estranxeira en Estados Unidos a través de programas de inmersión ou bilingües.

    Fonte: La Información

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder