O Instituto Ramon Llull e a Escola de Economía de Londres acordaron que a institución británica ensine catalán no seu centro de linguas este curso 2012-2013, grazas á sinatura dun convenio.
Fonte: Europa Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O Instituto Ramon Llull e a Escola de Economía de Londres acordaron que a institución británica ensine catalán no seu centro de linguas este curso 2012-2013, grazas á sinatura dun convenio.
Fonte: Europa Press
Expertos en linguas e comunidades indíxenas alegráronse coa publicación dun informe do Goberno australiano que recomenda programas educativos bilingües para as comunidades indíxenas, xa que isto beneficiaría a todos os australianos e axudaría a sacar algunhas linguas indíxenas das listas de linguas en perigo de extinción.
Fonte: The Conversation
Prolingua, a plataforma a prol da defensa e da promoción da lingua galega, celebrou unha asemblea para renovar a súa Cerna ou órgano permanente de dirección, definir o seu funcionamento e accións prioritarias para os dous vindeiros anos, ademais de aprobar un chamamento ás distintas organizacións políticas con motivo das eleccións do 21 de outubro en relación coa lingua e cultura galegas.
Fonte: Praza Pública
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a dinamizar o galego nos concellos e entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Fonte: Xunta de Galicia
As universidades, as cámaras de comercio, o Servef, institucións de recoñecido prestixio e escolas internacionais da Comunidade Valenciana poderán ofertar cursos de idiomas recoñecidos pola Generalitat, que acrediten competencias en linguas estranxeiras segundo o marco europeo.
Fonte: Las Provincias
“Sentes que che falta algo? Se es bilingüe melloras a túa vida e das demais persoas”, di o slogan da campaña promovida polo Concello da capital alavesa para “fomentar o uso do éuscaro”.
Fonte: El Correo
Un portavoz do acto, que terá lugar en Gales, informou de que o obxectivo é promover “as excepcionais linguas e culturas das rexións celtas no cine e na televisión”, mentres se mostra o mellor que Gales, Escocia, Irlanda, Cornualles e Bretaña poden ofrecer.
Fonte: Wales Online
Google anunciou que engadiu a lingua lao ao seu repertorio de Google Translate, o que a converte na lingua 65 que o servizo ofrece. O lao fálase en Laos (onde é lingua oficial), Tailandia, Estados Unidos, Francia, Canadá, China, Australia, Nova Celandia e Arxentina. En 2006 contaba con 5 220 000 falantes nativos.
Fonte: WebProNews
O Concello de Irún e os centros escolares volveron colaborar para ofrecer aos máis novos unha oferta deportiva atractiva que, ademais, servirá para potenciar o uso do éuscaro fóra das aulas.
Fonte: Diario Vasco
O dobre obxectivo da campaña é que se asuma con absoluta normalidade falar en éuscaro ao ir realizar as compras, por un lado, e que o pequeno comercio de Durango se converta nun axente dinamizador para a normalización lingüística, por outro.
Fonte: El Correo
Subscríbase ao boletín