O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta o sexto volume da súa colección ‘Vocabularios temáticos’, dedicado nesta ocasión ao ámbito forestal, e no que se recollen máis de 2400 termos en galego, castelán e inglés, nunha edición do Servizo de Publicacións da USC que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer, acompañado de César Gallo –vicepresidente da Fundación Repsol- e mais do escritor Xavier Alcalá –voceiro do xurado e encargado de ler a acta do veredicto- a nova gañadora da VI Edición do Premio de Narrativa Breve Repsol.
Fonte: Xunta de Galicia
Google, a Universidade de Alcalá e Madrid Network Plataforma do Español convocaron o I Concurso de Blogs para fomentar o ensino e difusión do español na rede, onde tan só o 8 por cento dos contidos falan este idioma fronte ao 80 por cento que o fan en inglés.
Fonte: La Vanguardia
Os profesores de lingua inglesa en escolas públicas de Brasil estudarán seis semanas nos Estados Unidos para mellorar o seu nivel de lingua.
Fonte: Sobre Isso
O Congreso non tramitará a Lei de televisión sen fronteiras, que busca facer posible ver distintas canles autonómicas nas comunidades autónomas que comparten lingua.
Fonte: ABC
O Parlamento Europeo apoia que os Estados "fomenten desde a infancia a adquisición de competencias naquelas linguas cooficiais da UE, -como é o caso do galego, vasco ou catalán-, dando a estes idiomas o mesmo status do que gozan o español ou o francés".
Fonte: Galicia Hoxe
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, presentou en Betanzos o programa Redecinema.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou as accións desenvolvidas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) ao longo deste ano 2012 en colaboración co departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A compañía canadense Bell Media planea lanzar unha canle de televisión con 24 horas de noticias en francés, con base en Montreal.
Fonte: Montreal Gazzette
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada na figura do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa redonda ‘A importancia das mulleres no cine galego e en galego: a visión de Chano Piñeiro’.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín

