Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    21 de setembro de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na mesa inaugural do VII Ciclo de conferencias e mesas redondas Escritoras/es na Universidade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de dar un novo impulso á liña de actuacións que desenvolve, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para a promoción e difusión da lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de setembro de 2012

    Os profesores Javier Maseda e Carlos Teijo son os autores da publicación Termos esenciais de dereito internacional que se acaba de presentar en formato papel e que recolle a terminoloxía básica deste ámbito.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    20 de setembro de 2012

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou o novo programa de televisión en galego, Os Bolechas, dirixido aos máis pequenos da casa, durante unha festa de lanzamento na que participaron máis de 250 rapaces e rapazas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de setembro de 2012

    Un grupo de enfermeiras filipinas que aseguraban ter sido obxecto de burlas polo seu acento e obrigadas a falar “só en inglés” gañou unha resolución xudicial contra o Hospital Central de California.

    Fonte: Los Angeles Times

    20 de setembro de 2012

    Unha emisora de radio da cidade de Stayton, en Oregón, está cambiando o seu formato para ser unha emisora en lingua española mentres continúa a súa adaptación á era dixital.

    Fonte: Statesman Journal

    20 de setembro de 2012

    Por primeira vez este ano, a Generalitat de Cataluña convocou unha liña específica de subvencións, dotada con 200 000 euros, dirixida a iniciativas de empresas que promovan o uso da lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    20 de setembro de 2012

    O Departamento de Cultura de Cataluña, o concello de Tolosa e a federación de entidades culturais Converxencia Occitana manterán unha reunión para estudar as posibles liñas de actuación para fomentar a lingua e a cultura occitanas, que se formalizará nun futuro convenio de colaboración permanente.

    19 de setembro de 2012

    Dos 16 millóns de mexicanos que se autodescriben como indíxenas, 7 millóns falan a súa lingua e pouco máis dun millón só falan esta lingua.

    Fonte: Excelsior

    19 de setembro de 2012

    O British Council desenvolveu unha ferramenta de avaliación do nivel de inglés que está deseñada para axudar ás organizacións a chegar a máis xente, conectar con eles e mellorar os estándares de inglés falado e escrito dos seus empregados.

    Fonte: Daily Mail

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder