O romanés foi declarado lingua rexional na localidade ucraína de Bila Tserkva (Biserica Alba en romanés) pertencente ao distrito de Rakhiv, na rexión de Transcarpacia. A lingua empregarase en oficinas e documentos administrativos.
Fonte: Interfax
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O romanés foi declarado lingua rexional na localidade ucraína de Bila Tserkva (Biserica Alba en romanés) pertencente ao distrito de Rakhiv, na rexión de Transcarpacia. A lingua empregarase en oficinas e documentos administrativos.
Fonte: Interfax
Máis do 43,3 % das persoas que atenden os seus negocios en rúas comerciais sabe éuscaro e un 23,6 % máis non fala o idioma pero coñéceo e enténdeo. E en tres de cada catro establecementos sinalan a importancia do éuscaro para a comunicación co cliente.
Fonte: Diario Vasco
A directora xeral de Política Lingüística do Principado, Ana María Fueyo, dixo que o Goberno rexional quere potenciar a aprendizaxe da lingua asturiana en todos os centros educativos.
Fonte: ABC
On Game Creative lanza Bubblis, un videoxogo de palabras e quebracabezas dispoñible en 44 idiomas entre os que están o catalán, o éuscaro e o galego.
Fonte: Código Cero
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, desprazouse ata a localidade ourensá de Verín para participar no espectáculo ‘O señor das dunas’.
Fonte: Xunta de Galicia
O aumento do contacto directo de xaponeses con brasileiros nos últimos anos, en función de factores como a globalización e a importancia que o Brasil vén gañando no panorama internacional, poden espertar de novo o interese polo ensino e a aprendizaxe da lingua portuguesa en Xapón.
Fonte: Planeta Universitário
Os nenos e nenas europeos comezan a aprender linguas estranxeiras cada vez máis cedo. A maioría inicia a aprendizaxe entre os seis, como en Portugal, e os nove anos, segundo un informe publicado pola Comisión Europea.
Fonte: Jornal de Notícias
Co obxectivo de levar o conflito lingüístico asturiano a Europa, Iniciativa polo Asturiano vén de incorporarse a ELEN (European Lesser-Used Languages), unha ONG que traballa na promoción e protección das linguas europeas minorizadas.
Fonte: Asturies.com
O Executivo rexional aprobou un decreto polo que se modifica parcialmente o currículo de Educación Primaria co obxectivo de ampliar a oferta dunha segunda lingua estranxeira nos centros educativos da rexión, que poderán ofertar o alemán.
Fonte: 20minutos
As universidades do Algarve (Portugal), Granada, a Universidade Nova de Lisboa e a Università degli Studi di Pádua (Italia) continuarán a colaborar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín