Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de setembro de 2012

    O Goberno vasco aprobou unha resolución pola que se regula a concesión de axudas económicas aos Centros Vascos-Euskal Etxeak para os cursos de éuscaro, ás que destinará 230 000 euros.

    Fuente: Europa Press

    27 de setembro de 2012

    Centos de cidades europeas celebran o Día Europeo das Linguas, nunha iniciativa conxunta da Comisión Europea (CE) e o Consello de Europa, coa que se pretende motivar a xente nova a coñecer novos idiomas e a beneficiarse da diversidade cultural da Unión Europea (UE).

    Fonte: Fundéu

    27 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou en Santiago de Compostela a actividade de dinamización lingüística Galego de cine, que recalará na cidade compostelá nesta fin de semana.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Ribeira a sesión dos Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) que acollerá durante a fin de semana a localidade barbancesa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de setembro de 2012

    A educación en lingua maorí verase reducida se seguen adiante as propostas que pretenden recortar o 70 % das clases de inmersión lingüística e bilingües. O Ministerio de Educación neozelandés suxeriu o peche ou a fusión de sete escolas da cidade de Christchurch que ofrecen ensino en maorí.

    Fonte: Stuff.co.nz

    27 de setembro de 2012

    En 2015 o número de usuarios de internet que accedan á rede en chinés superará a aqueles que o fan en inglés, segundo un informe elaborado pola Comisión de Banda Larga das Nacións Unidas.

    Fonte: The Telegraph

    26 de setembro de 2012

    O PP, o PSOE, a Esquerda Plural e os partidos de ámbito territorial rexeitaron no Pleno do Congreso tomar en consideración unha proposición de lei de UPyD que avogaba por previr e erradicar a discriminación lingüística que, na súa opinión, existe en comunidades con linguas cooficiais.

    Fonte: Europa Press

    26 de setembro de 2012

    O galego, o éuscaro e o catalán son algunhas das linguas minoritarias europeas que están en risco de "extinción dixital" polo pouco apoio que teñen nas novas tecnoloxías, segundo conclúe un estudo da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e a Universidade Pompeu Fabra (UPF).

    Fonte: El Correo Gallego

    26 de setembro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse á Laracha para facer un percorrido pola mostra “Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de setembro de 2012

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo da Madeira e do Moble (MOME) na apertura das xornadas "Manuel Reimóndez Portela, un médico na aldea 20 anos despois".

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder