O presidente de Gabón, Alí Bongo, quere aumentar o uso de inglés no país, unha antiga colonia francesa onde o francés aínda se fala de forma extensa.
Fonte: Google
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O presidente de Gabón, Alí Bongo, quere aumentar o uso de inglés no país, unha antiga colonia francesa onde o francés aínda se fala de forma extensa.
Fonte: Google
As autoridades de Kirguizistán pretenden eliminar a lingua uzbeka da vida pública por completo. De feito, notificouse o peche de escolas uzbekas do sur do país, así como o cambio de moitas delas a escolas con currículo exclusivo en kirguiz.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a base de datos terminolóxica 'bUSCatermos'.
Fonte: Xunta de Galicia
Para a Mesa pola Normalización Lingüística é importante que a Cámara galega siga adiante co compromiso achegado en abril de 2011 segundo o cal se garantiría a atención en galego como un requisito para a vindeira concesionaria de telefonía móbil no Parlamento.
Fonte: Código Cero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sesión dos Monólogos de serán da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que acolleu o concello pontevedrés de Cangas.
Fonte: Xunta de Galicia
Arredor de 21 000 alumnos dos últimos cursos de primaria estudarán por primeira vez a lingua kurda na clase, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Educación Nacional de Turquía.
Fonte: Diario Vasco
Trabalinguas, adiviñas, contos e cancións son algúns dos métodos cos que se ensinará maia aos nenos, no taller infantil “Ki’iin, tempo en maia”, que se impartirá no marco da vixésimo cuarta Feira do Libro de Antropoloxía e Historia.
Fonte: Milenio
A partir de novembro, todo profesional sanitario do Servizo Vasco de Saúde que saiba éuscaro e queira utilizalo cos pacientes terá a posibilidade de identificarse cunha insignia para que os enfermos saiban que poden dirixirse a el na lingua cooficial de Euskadi.
Fonte: El País
O Consello de Goberno da Xunta de Castela e León aprobou un investimento de 165 000 euros para promover o español e a cultura de Castela e León a través da Fundación Instituto Castelán e Leonés da Lingua.
Fonte: Europa Press
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non deixa de ofrecerlles aos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) unha ampla oferta de actividades de lecer en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín