Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de outubro de 2012

    O Goberno de Castela-A Mancha realizou importantes esforzos para impulsar o ensino e a aprendizaxe da cultura e a lingua francesas nos centros docentes da comunidade, mediante a creación de centros educativos con sección bilingüe e achegando apoios ás escolas oficiais de idiomas.

    Fonte: Europa Press

    08 de outubro de 2012

    A conselleira de Saúde e Benestar Social, María Jesús Montero, manifestou que Andalucía está incrementando o uso da lingua de signos nos servizos públicos para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade.

    Fonte: Ideal

    05 de outubro de 2012

    A Área de Éuscaro, Xuventude e Deporte do Concello de Bilbao, xunto ao portal cultural de internet nontzeberri.com, puxo en marcha un ano máis o concurso de blogs en éuscaro “Bilblogari”, cuxo obxectivo é fortalecer o uso do éuscaro en internet e nos soportes dixitais e evitar así a extinción dixital da lingua.

    Fonte: Europa Press

    05 de outubro de 2012

    O Parlamento de Gales aprobou un proxecto de lei polo que o galés e o inglés serán tratados de forma idéntica na Asemblea Nacional de Gales.

    Fonte: BBC

    05 de outubro de 2012

    O Ministerio de Telecomunicacións de Ecuador e a empresa Conecel presentaron os teléfonos móbiles con aplicacións en lingua kichwa, para a poboación indíxena ecuatoriana.

    Fonte: Provincia

    05 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer a nova edición dos Axóuxeres, un programa multiplataforma destinado a dinamizar a lingua galega e a súa transmisión interxeracional nas familias con nenos de 0 a 6 anos de idade.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de outubro de 2012

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, Valentín García, presentou na Coruña a nova campaña de promoción do uso do galego no ámbito do deporte.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de outubro de 2012

    O último falante dun antigo dialecto escocés morreu aos 92 anos. Os lingüísticas din que o dialecto cromarty agora sobrevive só en gravacións.

    Fonte: BBC

    04 de outubro de 2012

    A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, presentou o seu novo dicionario éuscaro-éuscaro, cuxo obxectivo é chegar ao grande público, para o que utiliza exemplos de uso dos vinte mil termos que recolle.

    Fonte: EITB

    04 de outubro de 2012

    A compañía de ensino de linguas Diverbo analizou as tendencias no comportamento dos usuarios á hora de estudar idiomas e constata que este ano o chinés irrompeu con forza como a segunda lingua estranxeira máis solicitada para os rapaces, tras o inglés.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder