O embaixador de Angola na Confederación Suíza, Osvaldo Varela, inaugurou en Lausana unha escola pública deseñada para ensinar as linguas kikongo, kimbundu e portugués.
Fonte: Agência Angola Press
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O embaixador de Angola na Confederación Suíza, Osvaldo Varela, inaugurou en Lausana unha escola pública deseñada para ensinar as linguas kikongo, kimbundu e portugués.
Fonte: Agência Angola Press
O Instituto Tecnolóxico Superior Purépecha presentou o proxecto sobre creación de material didáctico para a aprendizaxe da lingua purépecha.
Fonte: Cambio de Michoacán
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) lamenta que o Parlamento de Cataluña rexeitase a proposta de Resolución 64, que instaba a Generalitat a garantir ao alumnado xordo a presenza de intérpretes de lingua de signos catalá (LSC) con dedicación plena en todos os niveis educativos obrigatorios e postobrigatorios.
Fonte: La Información
O interese de Miranda de Ebro por aprender éuscaro creceu nos últimos anos de forma considerable. Así, neste curso matriculáronse un total de 80 persoas na Escola Oficial de Idiomas deste municipio burgalés para aprender a lingua vasca.
Fonte: Noticias de Álava
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achega a lingua galega ao tempo de lecer a través de ‘FalaRedes’, que leva o seu ‘Señor das dunas’ aos concellos de Xinzo de Limia, Ribas de Sil e Quiroga, pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística, participou na asemblea xeral da Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).
Fonte: Xunta de Galicia
A pesar dos esforzos da Academia Francesa, séguense utilizando un crecente número de palabras inglesas publicamente. Desde que a institución comezou a traballar no seu último dicionario en 1986, os medios de comunicación franceses incluíron no seu vocabulario moitas máis palabras en inglés.
Fonte: Alaska Dispatch
Dúas das cinco linguas indíxenas do Estado de México, a matlazinca e a tlahuica, atópanse en risco de desaparecer, pois a primeira conta con 909 falantes, mentres que a segunda ten 719.
Fonte: El Siglo de Torreón
As cinco canles de televisión locais que emiten en éuscaro en Guipúscoa incorporarán ás súas respectivas programacións un telexornal diario realizado en común que a Deputación de Guipúscoa subvenciona este ano con 207 000 euros.
Fonte: ABC
O Goberno de Castela-A Mancha realizou importantes esforzos para impulsar o ensino e a aprendizaxe da cultura e a lingua francesas nos centros docentes da comunidade, mediante a creación de centros educativos con sección bilingüe e achegando apoios ás escolas oficiais de idiomas.
Fonte: Europa Press
Subscríbase ao boletín